Compostela Cultura

30 de xullo de 2010  | Mapa web | Contacto |
Concellaría de Cultura
Cartel de Vive o Verán

Abre o prazo de inscrición no Campamento Xuvenil de Vive o Verán

(14/7/2010) O 15 de xuño ábrese o prazo de solicitude de inscrición no Campamento Xuvenil de Vive o Verán. Así, todos aqueles interesados terán desde mañá e ata o vindeiro 28 de xullo para inscribirse nesta actividade.

Publicamos a acta da selección temporal dunha praza de Auxiliar de Produción para o Festival dos Abrazos

Ábrese o prazo de presentación de propostas artísticas para os Abrazos Off

Máis información
Non perdas hoxe
  • Pereza en concerto

    22:00 | Praza da Quintana

    Pereza en concerto

    A banda de rock madrileña Pereza ofrece o seu espectáculo Aviones na praza da Quintana, dentro da programación das Festas do Apóstolo 2010. Abrirán o concerto 84.

  • Excursión en cruceiro polo Atlántico

    Outros espazos

    Excursión en cruceiro polo Atlántico

    O programa de viaxes e excursións 2010 da Rede de Centros Socioculturais organiza esta viaxe en barco entre Vigo, o Algarve, Casablanca (Marrocos) e a costa de Málaga.

  • 'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal

    Zona C

    'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal

    Procedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.

  • Mostra de Carlos Pardo

    Sala Arquinatura

    Mostra de Carlos Pardo

    A mostra componse de óleos e acrílicos sobre lenzo e táboa nos que a Ciudade é protagonista. É unha escolla de obras dos últimos anos do pintor vilagarcián. Paisaxes urbanas non reais nas que se sedimentan elementos de cidades visitadas e imaxinadas, quizais soñadas pero cunha alma única feminina.

Toda a axenda
O que vai vir

Actuación de Jean Michel Jarre

31/07/2010 Jean Michel Jarre achegaranos un espectáculo incomparábel para clausurar as Festas do Apóstolo, cun concerto que integra a máis avanzada tecnoloxía en son, luces e efectos especiais, pirotecnia e o encanto da pedra compostelá.

Recital da mezzosoprano Angelika Kirchschlager

21/09/2010 A mezzosoprano vienesa preséntase en Compostela cunha liederabend, a súa grande especialidade. Kirchschlager é unha habitual da Ópera da súa cidade, onde é todo un ídolo despois de ter triunfado en títulos como O cabaleiro da rosa.

Consulta a axenda

Cal das propostas do ciclo Teatro e Danza en Xira 2010 che parece máis interesante?












A Zona "C" leva xa tres anos aberta á cultura. É unha aposta da Concellería de Cultura e Centros Socioculturais para promover a creación de vangarda e aos novos artistas, cunha sala situada nunha área de referencia desde o punto de vista artístico, xunto ao Museo do Pobo Galego e o CGAC. A Zona "C" é unha sala flexíbel que permite aos novos artistas da cidade intervir nun lugar cargado de historia. En tres anos pasaron polos seus 120 m² as creacións de Suso Fandiño, Mauro Trastoy, Santi Jiménez, Rita Rodríguez, Amaya González, Sara Fuentes, Montse Rego ou Jesús Madriñán, ademais de acoller concertos, teatro e de danza. Un espazo vivo para unha cidade que quere ser foco creador e capital cultural permanente. Do 17 de xuño ao 12 de setembro exhíbese 'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal.

Destaques

Estrea mundial do filme islandés 'O soño do Camiño'

Estrea mundial do filme islandés 'O soño do Camiño'

O 29 de xullo, o Teatro Principal será o escenario da estrea mundial de O soño do Camiño, primeiro dos cinco filmes rodados no Camiño polo director islandés Erlendur Sveinsson seguindo os pasos do famoso escritor islandés Thor Vilhjálmsson.

Seguir lendo

Retrospectiva de Manuel Outumuro no Auditorio de Galicia

Retrospectiva de Manuel Outumuro no Auditorio de Galicia

O 8 de xullo estréase na sala de exposicións Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia Outumuro LOOKS, 20 anos fotografando moda, unha mostra comisariada por Ramón Prat e Silvia Ventosa e producida por Disseny Hub Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.

Seguir lendo

Vive o verán ao aire libre

Vive o verán ao aire libre

Durante os meses de verán, coa chegada do bo tempo e do período vacacional, os hábitos de uso dos centros socioculturais varían. É o momento de saír á rúa e facer as actividades nos parques e nas prazas da cidade. Por outra banda, as actividades de grupo son o escenario axeitado para relacionarse e facer amigos, ao tempo que practicamos deporte, participamos nun roteiro, miramos as estrelas, gozamos do cinema ao aire libre, dos xogos populares ou buscamos un tesouro agochado nun parque.

Seguir lendo

Accede a web do Concello de Santiago

© Concellaría de Cultura. Concello de Santiago de Compostela, 2008