Compostela cultura

Axudanos a completar a axenda cultural
Escolle os eventos que máis che interesan clicando nas celas temáticas:










Axenda: Mércores, 10 de marzo de 2010
  • 'Grandes batallas'

    Zona C

    'Grandes batallas' Antía Moure

    A mostra, organizada pola concellaría de Cultura e Centros Socioculturais, presenta a intervención que Antía Moure ideou para a Zona "C", na que insiste nunha das liñas de investigación e interese da artista: o descubrimento do sentido e a transcendencia do tempo e os lugares.

  • 'Espectral' no CGAC

    Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

    'Espectral' no CGAC

    Unha relectura dos fondos do CGAC, na que se reúnen obras de medios tan distintos como o debuxo, a pintura, o vídeo, o gravado e a escultura, para abrir diferentes perspectivas sobre a memoria como sistema conceptual e perceptivo cuxa recepción a arte consegue densificar.

  • Artello Teatro Alla Scala 1:5 ofrece 'Polgariño'

    novo 11:00 | Auditorio de Galicia

    Artello Teatro Alla Scala 1:5 ofrece 'Polgariño'

    Na pequena cabana do bosque onde vive unha familia de leñadores avecíñanse dificultades: unha enfermidade impídelle ao pai ir traballar. Os pais queren manter os seus cinco fillos alleos a esta situación, mais Polgariño, o máis pequeno, é observador e advirte as desgrazas que ameazan os seus.

  • Os primeiros xogos

    novo 17:00 | CSC Fontiñas

    Os primeiros xogos

    Baixo o nome 'Os primeiros xogos', o Centro Sociocultural As Fontiñas organiza actividades de entretemento para nenos menores de cinco anos.

  • 'Buscando a Hilary', de Elise Varela

    novo 19:30 | Fundación Caixa Galicia

    'Buscando a Hilary', de Elise Varela Compañía de Blanca Marsillach

    Nesta comedia cínica, Hilary, avogada de éxito que ronda os corenta, está estancada nun punto decisivo da súa vida. Ela sospeita que existe unha maneira mellor de vivir e que xusto non pode ser como até agora.

  • Obradoiro do espectador: sesión de adestramento

    novo 20:00 | CSC José Saramago, Vite

    Obradoiro do espectador: sesión de adestramento

    Primeira sesión dun novo obradoiro do espectador, unha actividade que trata de achegar o público á escena contemporánea, neste caso a través de Pressing catch, de Berrobambán Teatro.

  • Toméo Vergès en Teatro e Danza en Xira 2010 con 'Idiotas'

    novo 21:00 | Teatro Principal

    Toméo Vergès en Teatro e Danza en Xira 2010 con 'Idiotas' Cie Man Drake-Toméo Vergés

    Teatro e Danza en Xira trae esta obra do prestixioso coreógrafo catalán Toéo Vergès, afincado desde hai tres décadas en Francia. Desde alí chega esta peza experimetal a cabalo entre o teatro e a danza.

  • 'Pouco a pouco' no Cineclube Compostela

    novo 21:30 | Cineclube de Compostela

    'Pouco a pouco' no Cineclube Compostela Jean Rouch

    No seu ciclo sobre etnoloxía invertida, o Cineclube Compostela aborda este tema con este filme do francés Jean Rouch, no que trata as exóticas formas de vivir de Francia e dos parisinos.

  • Foliada na Casa das Crechas

    novo 22:30 | Casa das Crechas

    Foliada na Casa das Crechas

    A Casa das Crechas celebra unha das súas tradicionais foliadas con música en directo improvisada polos asistentes á mesma.

  • Monkillos en concerto

    novo 22:45 | Pub Borriquita de Belém

    Monkillos en concerto

    Concerto desta banda formada por Marcelino Galán, Xacobe Martinez e Miguel Cabana, que interpreta temas de Thelonious Monk pasados pola peneira do son cubano, o flamenco e o jazz.

O que vai vir
  • Inauguración da exposición 'María Xosé Díaz, 1980-2010' 11/03/2010 O Auditorio de Galicia inaugura esta exposición retrospectiva sobre os trinta anos na arte desta creadora galega. Antonio Garrido Moreno é o comisario dunha mostra ue permanecerá aberta ata o 20 de xuño.
  • Alexandre Ghindin no ciclo de piano Ángel Brage 12/03/2010 O pianista Alexander Ghindin recupera as obras dalgúns dos compositores rusos máis notables do cambio de século XIX ao XX no terceiro concerto do ciclo de piano Ángel Brage.
  • Roi Casal no ciclo Sons da Diversidade 13/03/2010 Roi Casal recolle, revisa e redefine as lendas douradas da cultura galega no seu primeiro traballo en solitario, Lendas douradas, que presenta en directo no quinto concerto do ciclo 2009-2010 de Sons da Diversidade.
  • Danza espectacular cos Cosacos do Don 14/03/2010 Un ballet con oitenta compoñentes que funde lenda e tradición coa máis depurada calidade artística nunha actuación espectacular. Atención ao cambio de hora: a actuación será ás 18.30 h
  • Yo La Tengo en concerto 16/03/2010 Chega a Santiago unha das bandas de rock indepentende cunha traxectoria máis sólida. O trío de Hoboken leva máis de 25 anos cunha proposta musical que se move entre o folk estadounidense e a experimentación sonora.

No cinema
Exposicións