Compostela cultura

Axudanos a completar a axenda cultural
Escolle os eventos que máis che interesan clicando nas celas temáticas:










Axenda: Luns, 12 de xullo de 2010
  • 'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal

    Zona C

    'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal

    Procedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.

  • Mostra de Carlos Pardo

    Sala Arquinatura

    Mostra de Carlos Pardo

    A mostra componse de óleos e acrílicos sobre lenzo e táboa nos que a Ciudade é protagonista. É unha escolla de obras dos últimos anos do pintor vilagarcián. Paisaxes urbanas non reais nas que se sedimentan elementos de cidades visitadas e imaxinadas, quizais soñadas pero cunha alma única feminina.

  • Biblioteca na Rúa

    Actividades nas rúas de Compostela

    Biblioteca na Rúa

    Grazas á colaboración das Concellerías de Cultura e a de Medio Ambiente do Concello de Santiago coa Biblioteca Ánxel Casal, dependente da Xunta de Galicia, a biblioteca pode difundir a súa existencia na propia rúa, máis próxima aos posíbeis usuarios. Unha persoa pertencente á Biblioteca dará información á xente que se achegue ao posto de Parques e Xardíns sobre o funcionamento da Biblioteca, faralles o carné aos interesados ou interesadas (incluso lles sacará a foto se non a teñen) e entregaralles folletos informativos. Acompañando o traballador haberá unha pequena representación do fondo que posúe a Ánxel Casal: novidades e clásicos de adultos e infantís en diferentes soportes. O persoal da biblioteca estará de 10 a 14 h., o resto do tempo que Parques e Xardíns teña aberta a caseta só se poderán coller os folletos e ver os libros.

  • Os Portais

    Hostal dos Reis Católicos

    Os Portais

    Tres nomes brasileiros, Christina Oiticica, Paulo Coelho e Romero Britto, unidos baixo un único lema. Os Portais é a exposición que reúne dous grandes artistas da arte contemporánea e un da literatura como parte da conmemoración do Ano Xacobeo.

  • Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

    Auditorio de Galicia

    Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

    A exposición 'Outumuro Looks', é unha mostra procedente do Museu Textil i d’Indumentaria - Disseny Hub de Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.

  • A vida está na auga

    novo Centro Comercial Area Central

    A vida está na auga

    A ONG Intervida amosa as dificultades que existen en África para acceder á auga potábel a través da exposición A vida está na auga. A mostra componse de oito paneis que conteñen información co obxectivo de sensibilizar a poboación sobre os problemas de escaseza e de calidade da auga que existen en países como Malí, onde moitas persoas consumen auga contaminada de ríos e pozos poñendo en perigo a súa saúde.

  • Campamento Nanonasa

    novo 10:00 - 12:00 | Sala NASA

    Campamento Nanonasa

    Nanonasa contará con varias actividades dirixidas a promover a creatividade dos cativos e cativas, que traballarán divididos en grupos segundo a súa idade. Así, o obradoiro de música centrarase fundamentalmente na construción de instrumentos musicais inventados e na elaboración de contos musicais e o de teatro traballará co corpo, o movemento, a voz, os obxectos en escena e a creación de personaxes.

  • Tai Chi e Chi Kung

    10:00 - 11:00 | Parque de Bonaval

    Tai Chi e Chi Kung

    Sesión de técnicas de relaxación e exercicio físico tradicionais chinesas ao ar libre. Forma parte do programa Vive o Verán.

  • Ximnasia terapéutica na Alameda

    10:00 - 11:00 | Actividades nas rúas de Compostela

    Ximnasia terapéutica na Alameda

    Exercicio para todos os públicos dentro da programación Vive o Verán 2010. No caso de chuvia, trasládase ao Centro Sociocultural do Ensanche.

  • Interiores do Vía Stellae. Fotografías de Fuco Reyes

    11:00 - 14:00 | Aula Sociocultural Caixa Galicia

    Interiores do Vía Stellae. Fotografías de Fuco Reyes

    Exposición do fotógrafo compostelán Fuco Reyes enmarcada na programación do Ano Xacobeo 2010.

  • Visita guiada polo parque de Belvís

    novo 11:00 | Parque de Belvís

    Visita guiada polo parque de Belvís

    Visitas guiadas polos parques de Compostela, destinadas a todos os públicos. Forma parte do programa Vive o Verán.

  • Bibliopiscina

    17:00 - 20:30 | Pavillón Multiusos Fontes do Sar

    Bibliopiscina

    Libros, bandas deseñadas, guías, álbums para os pequenos, libros de entretemento... O verán é tempo de calor, sol e piscina, e tempo tamén de gozar de refrescantes lecturas de lecer nunha actividade enmarcada no programa Vive o Verán.

  • San Fructuoso acolle o primeiro concerto Via Stellae express nunha igrexa

    novo 18:00 | Igrexa de San Fructuoso

    San Fructuoso acolle o primeiro concerto Via Stellae express nunha igrexa

    Actúan na Igrexa de San Fructuoso, na rúa da Trinidade, a cellista Carolina Landriscini e o laudista Diego Rojo. O suxestivo programa supón unha interesante oportunidade para revitalizar a rivalidade que aparentemente existiu entre dúas figuras do barroco como o alemán Johann Sebastian Bach e o polaco Silvius Leopold Weiss, dous compositores absolutamente coetáneos que naceron cun ano de diferenza e morreron o mesmo ano, 1750.

  • Roteiro na procura de plantas medicinais

    novo 20:00 - 22:00 | San Lourenzo

    Roteiro na procura de plantas medicinais

    Roteiros polas zonas verdes do Concello para poñer de manifesto a riqueza botánica e a súa utilidade. Desta volta, coñeceranse as propiedades medicinais de diferentes especies de plantas.

  • Ópera-ballet: 'Anacreonte' e 'Pigmalión'

    novo 20:30 | Auditorio de Galicia

    Ópera-ballet: 'Anacreonte' e 'Pigmalión' William Christie

    Dentro da programación do Via Stellae 2010, preséntase a magnífica orquestra e coro francés Les Arts Florissants e o director franco-americano William Christie coa estrea en Galiza (en versión de concerto) de dúas óperas-ballet do compositor francés Jean-Philippe Rameau, Anacreonte e Pigmalión.

  • Recital-concerto polo 125 aniversario do pasamento de Rosalía

    novo 21:00 | Teatro Principal

    Recital-concerto polo 125 aniversario do pasamento de Rosalía Casahamlet

    Foi un empeño de Casahamlet, desde os seus inicios en 1998, o facer unha triloxía escénica sobre os tres grandes poetas do Rexurdimento. E así estreou Escuro enigma eu son (Pondal, 2002), Quen pudera convosco voar (Curros, 2008) e agora presenta Ao raso coas lebres (Rosalía, 2010), un recital-concerto que tenta mostrar a lucidez e rebeldía dunha muller que, adiantándose ao seu tempo, desvela a situación do pobo e da cultura galega, comezando pola lingua, que ten nela a primeira usuaria con forza suficiente para inaugurar un tempo novo marcado pola consciencia e polo orgullo, así como pola contundencia fronte ás agresións.

  • Os luns, jazz

    novo 23:00 | Bar Ultramarinos

    Os luns, jazz

    Como cada luns do mes de xullo, L.A.R. Legido ofrece unha velada de jazz no Ultramarinos. Esta semana estará acompañado por Alejandro Vargas (jazz free).

O que vai vir
  • Palmarés Curtocircuíto 2010 12/08/2010 Este xoves poderemos ver as curtas gañadoras do último festival Curtocircuito. Velaí van os títulos...
  • La Otrabanda 17/08/2010 La Otrabanda é un proxecto musical integrado por venezolanos vivindo no exterior, creado para compartir as súas cancións, inspiradas pola música popular e folclórica venezolana, que reflexan a actual idiosincrasia dese país de forma fresca e optimista.
  • Mine Kawakami 24/08/2010 A prestixiosa pianista e compositora Mine Kawakami fai a súa particular peregrinación polo Camiño de Santiago cunha serie de concertos inspirados na Ruta Xacobea.
  • Xoán Curiel Cuarteto 12/08/2010 Xoán Curiel reuniu as súas creacións en lingua galega no álbum 'Nai'. Nel Curiel canta á figura da nai e á terra.
  • In Reverse 17/08/2010 De formación recente, o cuarteto In Reverse nace coa motivación de explorar os ritmos funk e soul desde os seus inicios ata os nosos días, mesturando estes con elementos do jazz, estilo común para os catro músicos.

No cinema
Exposicións