Compostela cultura

Axudanos a completar a axenda cultural
Escolle os eventos que máis che interesan clicando nas celas temáticas:










Axenda: Xoves, 15 de xullo de 2010
  • 'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal

    Zona C

    'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal

    Procedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.

  • Mostra de Carlos Pardo

    Sala Arquinatura

    Mostra de Carlos Pardo

    A mostra componse de óleos e acrílicos sobre lenzo e táboa nos que a Ciudade é protagonista. É unha escolla de obras dos últimos anos do pintor vilagarcián. Paisaxes urbanas non reais nas que se sedimentan elementos de cidades visitadas e imaxinadas, quizais soñadas pero cunha alma única feminina.

  • Biblioteca na Rúa

    Actividades nas rúas de Compostela

    Biblioteca na Rúa

    Grazas á colaboración das Concellerías de Cultura e a de Medio Ambiente do Concello de Santiago coa Biblioteca Ánxel Casal, dependente da Xunta de Galicia, a biblioteca pode difundir a súa existencia na propia rúa, máis próxima aos posíbeis usuarios. Unha persoa pertencente á Biblioteca dará información á xente que se achegue ao posto de Parques e Xardíns sobre o funcionamento da Biblioteca, faralles o carné aos interesados ou interesadas (incluso lles sacará a foto se non a teñen) e entregaralles folletos informativos. Acompañando o traballador haberá unha pequena representación do fondo que posúe a Ánxel Casal: novidades e clásicos de adultos e infantís en diferentes soportes. O persoal da biblioteca estará de 10 a 14 h., o resto do tempo que Parques e Xardíns teña aberta a caseta só se poderán coller os folletos e ver os libros.

  • Os Portais

    Hostal dos Reis Católicos

    Os Portais

    Tres nomes brasileiros, Christina Oiticica, Paulo Coelho e Romero Britto, unidos baixo un único lema. Os Portais é a exposición que reúne dous grandes artistas da arte contemporánea e un da literatura como parte da conmemoración do Ano Xacobeo.

  • Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

    Auditorio de Galicia

    Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

    A exposición 'Outumuro Looks', é unha mostra procedente do Museu Textil i d’Indumentaria - Disseny Hub de Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.

  • A vida está na auga

    Centro Comercial Area Central

    A vida está na auga

    A ONG Intervida amosa as dificultades que existen en África para acceder á auga potábel a través da exposición A vida está na auga. A mostra componse de oito paneis que conteñen información co obxectivo de sensibilizar a poboación sobre os problemas de escaseza e de calidade da auga que existen en países como Malí, onde moitas persoas consumen auga contaminada de ríos e pozos poñendo en perigo a súa saúde.

  • Campamento Nanonasa

    10:00 - 12:00 | Sala NASA

    Campamento Nanonasa

    Nanonasa contará con varias actividades dirixidas a promover a creatividade dos cativos e cativas, que traballarán divididos en grupos segundo a súa idade. Así, o obradoiro de música centrarase fundamentalmente na construción de instrumentos musicais inventados e na elaboración de contos musicais e o de teatro traballará co corpo, o movemento, a voz, os obxectos en escena e a creación de personaxes.

  • Tai Chi e Chi Kung

    10:00 - 11:00 | Parque de Bonaval

    Tai Chi e Chi Kung

    Sesión de técnicas de relaxación e exercicio físico tradicionais chinesas ao ar libre. Forma parte do programa Vive o Verán.

  • Ximnasia terapéutica na Alameda

    10:00 - 11:00 | Actividades nas rúas de Compostela

    Ximnasia terapéutica na Alameda

    Exercicio para todos os públicos dentro da programación Vive o Verán 2010. No caso de chuvia, trasládase ao Centro Sociocultural do Ensanche.

  • Saída ao parque acuático de Cerceda

    10:00 - 20:30 | Actividades nas rúas de Compostela

    Saída ao parque acuático de Cerceda

    Unha xornada de ocio e diversión no parque acuático de Cerceda, monitorizado e animado con persoal especializado, que fará pasar aos cativos un inesquecíbel día de verán. Pago da entrada no parque por conta dos participantes, que deberán levar a comida e a merenda.

  • Coñece a biblioteca Ánxel Casal

    10:00 - 11:00 | Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

    Coñece a biblioteca Ánxel Casal

    A Biblioteca Pública Ánxel Casal organiza visitas guiadas todos os martes e xoves pola mañá para dar a coñecer a sala de lectura e os seus diferentes servizos.

  • Interiores do Vía Stellae. Fotografías de Fuco Reyes

    11:00 - 14:00 | Aula Sociocultural Caixa Galicia

    Interiores do Vía Stellae. Fotografías de Fuco Reyes

    Exposición do fotógrafo compostelán Fuco Reyes enmarcada na programación do Ano Xacobeo 2010.

  • Roteiro polo río Santa Lucía

    novo 11:00 | Actividades nas rúas de Compostela

    Roteiro polo río Santa Lucía

    Dentro da programación de roteiros medioambientais enmarcada en Vive o Verán, desenvólvese un percorrido polo río Santa Lucía, con saída e regreso á Ermida seguindo pola beira do río de Aríns. Na parada de bus Liña P3, no cruce coa estrada de San Xulián de Sales.

  • Bibliopiscina

    17:00 - 20:30 | Pavillón Multiusos Fontes do Sar

    Bibliopiscina

    Libros, bandas deseñadas, guías, álbums para os pequenos, libros de entretemento... O verán é tempo de calor, sol e piscina, e tempo tamén de gozar de refrescantes lecturas de lecer nunha actividade enmarcada no programa Vive o Verán.

  • Arpa e frauta na actuación do Dúo Finisterrae no claustro de Sar

    novo 18:00 | Colexiata do Sar

    Arpa e frauta na actuación do Dúo Finisterrae no claustro de Sar

    'Viaxe ao través da música do século XX' é o título do variado programa deste Via Stellae Express, que inclúe obras de compositores das máis diversas procedencias: comezando polo francés Claude Debussy, pasando polos españois Falla e Sarasate e o checo Zdenek Jonák, para achegarnos tamén a terras máis lonxanas coa música do arxentino Astor Piazzolla.

  • Concerto homenaxe a Rosalía de Castro

    novo 19:30 | Rúa do Vilar

    Concerto homenaxe a Rosalía de Castro Banda Municipal de Música

    A Banda Municipal de Música ofrece un concerto especial na Rúa do Vilar co gallo do 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro, que inclúe pezas baseadas en obras da autora do Rexurdimento.

  • Tai Chi e Chi Kung

    20:00 - 21:00 | Actividades nas rúas de Compostela

    Tai Chi e Chi Kung

    Sesión de técnicas de relaxación e exercicio físico tradicionais chinesas ao ar libre. Forma parte do programa Vive o Verán.

  • Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia

    novo 20:30 | San Francisco

    Concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia Paul Goodwin

    A Orquestra Sinfónica de Galicia ofrece música de Mozart, Chaikovski, Wagner e Brahms baixo a dirección do mestre británico Paul Goodwin dentro da programación do Festival Via Stellae 2010. A actuación inclúe formatos para orquestra: sinfonía, suite e serenata.

  • Actuación de The Trip Show

    novo 22:00 | Moon Music Club

    Actuación de The Trip Show

    Concerto do grupo pop de Badalona The Trip Show, que se atopa de xira polo norte do Estado Español.

O que vai vir
  • Palmarés Curtocircuíto 2010 12/08/2010 Este xoves poderemos ver as curtas gañadoras do último festival Curtocircuito. Velaí van os títulos...
  • La Otrabanda 17/08/2010 La Otrabanda é un proxecto musical integrado por venezolanos vivindo no exterior, creado para compartir as súas cancións, inspiradas pola música popular e folclórica venezolana, que reflexan a actual idiosincrasia dese país de forma fresca e optimista.
  • Mine Kawakami 24/08/2010 A prestixiosa pianista e compositora Mine Kawakami fai a súa particular peregrinación polo Camiño de Santiago cunha serie de concertos inspirados na Ruta Xacobea.
  • Xoán Curiel Cuarteto 12/08/2010 Xoán Curiel reuniu as súas creacións en lingua galega no álbum 'Nai'. Nel Curiel canta á figura da nai e á terra.
  • In Reverse 17/08/2010 De formación recente, o cuarteto In Reverse nace coa motivación de explorar os ritmos funk e soul desde os seus inicios ata os nosos días, mesturando estes con elementos do jazz, estilo común para os catro músicos.

No cinema
Exposicións