Zona C
'Entre a razón e a pel', de Nuria RuibalProcedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.
Sala Arquinatura
Mostra de Carlos PardoA mostra componse de óleos e acrílicos sobre lenzo e táboa nos que a Ciudade é protagonista. É unha escolla de obras dos últimos anos do pintor vilagarcián. Paisaxes urbanas non reais nas que se sedimentan elementos de cidades visitadas e imaxinadas, quizais soñadas pero cunha alma única feminina.
Actividades nas rúas de Compostela
Biblioteca na RúaGrazas á colaboración das Concellerías de Cultura e a de Medio Ambiente do Concello de Santiago coa Biblioteca Ánxel Casal, dependente da Xunta de Galicia, a biblioteca pode difundir a súa existencia na propia rúa, máis próxima aos posíbeis usuarios. Unha persoa pertencente á Biblioteca dará información á xente que se achegue ao posto de Parques e Xardíns sobre o funcionamento da Biblioteca, faralles o carné aos interesados ou interesadas (incluso lles sacará a foto se non a teñen) e entregaralles folletos informativos. Acompañando o traballador haberá unha pequena representación do fondo que posúe a Ánxel Casal: novidades e clásicos de adultos e infantís en diferentes soportes. O persoal da biblioteca estará de 10 a 14 h., o resto do tempo que Parques e Xardíns teña aberta a caseta só se poderán coller os folletos e ver os libros.
Hostal dos Reis Católicos
Os PortaisTres nomes brasileiros, Christina Oiticica, Paulo Coelho e Romero Britto, unidos baixo un único lema. Os Portais é a exposición que reúne dous grandes artistas da arte contemporánea e un da literatura como parte da conmemoración do Ano Xacobeo.
Auditorio de Galicia
Outumuro Looks: 20 anos fotografando modaA exposición 'Outumuro Looks', é unha mostra procedente do Museu Textil i d’Indumentaria - Disseny Hub de Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.
Centro Comercial Area Central
A vida está na augaA ONG Intervida amosa as dificultades que existen en África para acceder á auga potábel a través da exposición A vida está na auga. A mostra componse de oito paneis que conteñen información co obxectivo de sensibilizar a poboación sobre os problemas de escaseza e de calidade da auga que existen en países como Malí, onde moitas persoas consumen auga contaminada de ríos e pozos poñendo en perigo a súa saúde.
10:00 - 12:00 | Sala NASA
Campamento NanonasaNanonasa contará con varias actividades dirixidas a promover a creatividade dos cativos e cativas, que traballarán divididos en grupos segundo a súa idade. Así, o obradoiro de música centrarase fundamentalmente na construción de instrumentos musicais inventados e na elaboración de contos musicais e o de teatro traballará co corpo, o movemento, a voz, os obxectos en escena e a creación de personaxes.
11:00 - 14:00 | Aula Sociocultural Caixa Galicia
Interiores do Vía Stellae. Fotografías de Fuco ReyesExposición do fotógrafo compostelán Fuco Reyes enmarcada na programación do Ano Xacobeo 2010.
novo 11:30 - 13:30 | Arteria Noroeste
Obradoiros de pasarrúas: os aderezos dos disfracesPara nenas e nenos de 5 a 15 anos. Ao longo de diversas xornadas, Arteria Noroeste ofrece unha serie de obradoiros enmarcados no programa Vive o Verán. As inscricións débense facer no Centro Sociocultural O Ensanche.
17:00 - 20:30 | Pavillón Multiusos Fontes do Sar
BibliopiscinaLibros, bandas deseñadas, guías, álbums para os pequenos, libros de entretemento... O verán é tempo de calor, sol e piscina, e tempo tamén de gozar de refrescantes lecturas de lecer nunha actividade enmarcada no programa Vive o Verán.
novo 18:00 | Varios espazos
Observando o ceo: o Sistema SolarAchegámonos á astronomía en actividades guiadas por especialistas nas que tentaremos descubrir as marabillas que se agochan no noso universo. A partir as 18 horas, a rúa Berlín (en Fontiñas) transformarase nunha reprodución a escala do noso sistema planetario para amosar A pegada dos planetas. Ás 22 horas, na terraza do CSC da Trisca, haberá unha observación do Sistema Solar (aforo limitado).
novo 18:00 | Igrexa de Santa María do Camiño
Recital de fortepiano dedicado a Haydn a cargo de Patricia RejasDentro da programación do Via Stellae Express, este concerto está dedicado ao pai do Clasicismo, Joseph Haydn e as súas sonatas para teclado, cuxa interpretación será feita nun instrumento de época, un fortepiano. A selección inclúe dúas das máis de sesenta sonatas compostas por Haydn. Protagonista do concerto é a leonesa Patricia Rejas, formada en París co prestixioso fortepianista Patrick Cohen e actualmente afincada en Vigo onde é mestra no Conservatorio Superior de Música. Patricia Rejas tocará un fortepiano copia dun fabricado por Stein en 1780 realizada por Jacques Braux.
novo 20:00 | Teatro Principal
Agrippina, ópera de Haendel Fabio BiondiVia Stellae estrea en Galiza a ópera Agrippina de Haendel, a cargo do director de escena italiano Davide Lievermore e da compañía italiana de teatro de sombras Controluce nunha nova creación que, no musical, conta coas máximas garantías. A presenza da agrupación italiana Europa Galante, a dirección de Fabio Biondi (que volven ao festival catro anos despois de inaugurar a primeira edición do Via Stellae) e un elenco de primeirísimo nivel internacional encabezado pola mezzosoprano barroca máis en forma do momento, a sueca Ann Hallenberg.
novo 23:00 | Praza do Obradoiro
Pregón das Festas do Apóstolo Yolanda Castaño e Jorge MiraDende os balcóns do Pazo de Raxoi, pregón das festas a cargo de Yolanda Castaño e Jorge Mira.
novo 23:30 | Praza do Obradoiro
Concerto de Melendi e MartynezEmbarcado na xira ''Curiosa la cara de tu padre'', Melendi chega a Compostela no momento máis doce da súa carreira. O cantante de Oviedo participa no programa de concertos 40 en XCB que organizan a cadea 40 Principales e Xacobeo. A banda viguesa Martynez será a encargada de ir quecendo o ambiente co seu rock de guitarras potentes, contundencia rítmica e melodías directas.