Zona C
'Entre a razón e a pel', de Nuria RuibalProcedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.
Sala Arquinatura
Mostra de Carlos PardoA mostra componse de óleos e acrílicos sobre lenzo e táboa nos que a Ciudade é protagonista. É unha escolla de obras dos últimos anos do pintor vilagarcián. Paisaxes urbanas non reais nas que se sedimentan elementos de cidades visitadas e imaxinadas, quizais soñadas pero cunha alma única feminina.
Actividades nas rúas de Compostela
Biblioteca na RúaGrazas á colaboración das Concellerías de Cultura e a de Medio Ambiente do Concello de Santiago coa Biblioteca Ánxel Casal, dependente da Xunta de Galicia, a biblioteca pode difundir a súa existencia na propia rúa, máis próxima aos posíbeis usuarios. Unha persoa pertencente á Biblioteca dará información á xente que se achegue ao posto de Parques e Xardíns sobre o funcionamento da Biblioteca, faralles o carné aos interesados ou interesadas (incluso lles sacará a foto se non a teñen) e entregaralles folletos informativos. Acompañando o traballador haberá unha pequena representación do fondo que posúe a Ánxel Casal: novidades e clásicos de adultos e infantís en diferentes soportes. O persoal da biblioteca estará de 10 a 14 h., o resto do tempo que Parques e Xardíns teña aberta a caseta só se poderán coller os folletos e ver os libros.
Hostal dos Reis Católicos
Os PortaisTres nomes brasileiros, Christina Oiticica, Paulo Coelho e Romero Britto, unidos baixo un único lema. Os Portais é a exposición que reúne dous grandes artistas da arte contemporánea e un da literatura como parte da conmemoración do Ano Xacobeo.
Auditorio de Galicia
Outumuro Looks: 20 anos fotografando modaA exposición 'Outumuro Looks', é unha mostra procedente do Museu Textil i d’Indumentaria - Disseny Hub de Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.
Centro Comercial Area Central
A vida está na augaA ONG Intervida amosa as dificultades que existen en África para acceder á auga potábel a través da exposición A vida está na auga. A mostra componse de oito paneis que conteñen información co obxectivo de sensibilizar a poboación sobre os problemas de escaseza e de calidade da auga que existen en países como Malí, onde moitas persoas consumen auga contaminada de ríos e pozos poñendo en perigo a súa saúde.
10:00 - 12:00 | Sala NASA
Campamento NanonasaNanonasa contará con varias actividades dirixidas a promover a creatividade dos cativos e cativas, que traballarán divididos en grupos segundo a súa idade. Así, o obradoiro de música centrarase fundamentalmente na construción de instrumentos musicais inventados e na elaboración de contos musicais e o de teatro traballará co corpo, o movemento, a voz, os obxectos en escena e a creación de personaxes.
novo 11:00 - 14:00 | Actividades nas rúas de Compostela
Actos co gallo da presentación do filme 'O Apóstolo'Con motivo da presentación d'O Apóstolo, prográmanse diversas actividades de celebración nas rúas da cidade e mais no Auditorio de Galicia.
novo 12:00 | Rúa do Vilar
Concerto da Banda Municipal de MúsicaA Banda Municipal de Música, dirixida por X. C. Seráns, ofrece un novo concerto dominical na Rúa do Vilar correspondente á súa programación de verán, Música na rúa.
novo 12:30 | Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
Os nosos compositores: Yortog, a obra de Octavio VázquezDentro da programación do Via Stellae 20/21, Enrique Pérez Piquer e Aníbal Bañados Lira interpretan Yorgot e estrean mundialmente a Sonata para clarinete e piano do compositor galego Octavio Vázquez. Completa o programa a Sonata para clarinete en mi bemol maior op 120 nº 2 de Johannes Brahms.
17:00 - 20:30 | Pavillón Multiusos Fontes do Sar
BibliopiscinaLibros, bandas deseñadas, guías, álbums para os pequenos, libros de entretemento... O verán é tempo de calor, sol e piscina, e tempo tamén de gozar de refrescantes lecturas de lecer nunha actividade enmarcada no programa Vive o Verán.
novo 17:00 | Actividades nas rúas de Compostela
Xogos populares na AlamedaUnha tarde de xogos para adultos, nenos e maiores na que gozaremos do feito de participar en actividades colectivas, coñecer a xente e aprender novas formas activas e saudábeis de divertírmonos todos. Haberá xogos de sempre no paseo central do parque da Alameda e ademais un Scalextric xigante para xente de diferentes idades e xeracións. Forma parte do programa Vive o Verán.
novo 18:00 | Hostal dos Reis Católicos
'Os moitos camiños de Santiago'Dentro da programación do Festival Via Stellae 2010, a soprano Soledad Cardoso e José Miguel Moreno ofrecen un concerto na capela do Hostal dos Reis Católicos.
novo 18:00 | Praza do Toural
Especial 25 aniversario de Títeres CachiruloDentro da programación das Festas do Apóstolo, a compañía ofrece un espectáculo especial para todos os públicos con motivo do seu 25 aniversario.
novo 20:30 | Igrexa das Ánimas
'Missa Sancti Jacobi', con Odhecaton Paolo da ColO grupo de polifonía italiano Odecathon participa no Via Stellae coa interpretación da Missa Sancti Jacobi de Guillaume Dufay.
novo 22:00 | Praza da Quintana
Xornadas de folclore galegoContinúan as xornadas dedicadas ao noso folclore que teñen lugar na Praza da Quintana durante as Festas do Apóstolo 2010.