Zona C
'Entre a razón e a pel', de Nuria RuibalProcedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.
Sala Arquinatura
Mostra de Carlos PardoA mostra componse de óleos e acrílicos sobre lenzo e táboa nos que a Ciudade é protagonista. É unha escolla de obras dos últimos anos do pintor vilagarcián. Paisaxes urbanas non reais nas que se sedimentan elementos de cidades visitadas e imaxinadas, quizais soñadas pero cunha alma única feminina.
Actividades nas rúas de Compostela
Biblioteca na RúaGrazas á colaboración das Concellerías de Cultura e a de Medio Ambiente do Concello de Santiago coa Biblioteca Ánxel Casal, dependente da Xunta de Galicia, a biblioteca pode difundir a súa existencia na propia rúa, máis próxima aos posíbeis usuarios. Unha persoa pertencente á Biblioteca dará información á xente que se achegue ao posto de Parques e Xardíns sobre o funcionamento da Biblioteca, faralles o carné aos interesados ou interesadas (incluso lles sacará a foto se non a teñen) e entregaralles folletos informativos. Acompañando o traballador haberá unha pequena representación do fondo que posúe a Ánxel Casal: novidades e clásicos de adultos e infantís en diferentes soportes. O persoal da biblioteca estará de 10 a 14 h., o resto do tempo que Parques e Xardíns teña aberta a caseta só se poderán coller os folletos e ver os libros.
Hostal dos Reis Católicos
Os PortaisTres nomes brasileiros, Christina Oiticica, Paulo Coelho e Romero Britto, unidos baixo un único lema. Os Portais é a exposición que reúne dous grandes artistas da arte contemporánea e un da literatura como parte da conmemoración do Ano Xacobeo.
Auditorio de Galicia
Outumuro Looks: 20 anos fotografando modaA exposición 'Outumuro Looks', é unha mostra procedente do Museu Textil i d’Indumentaria - Disseny Hub de Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.
Centro Comercial Area Central
A vida está na augaA ONG Intervida amosa as dificultades que existen en África para acceder á auga potábel a través da exposición A vida está na auga. A mostra componse de oito paneis que conteñen información co obxectivo de sensibilizar a poboación sobre os problemas de escaseza e de calidade da auga que existen en países como Malí, onde moitas persoas consumen auga contaminada de ríos e pozos poñendo en perigo a súa saúde.
10:00 - 12:00 | Sala NASA
Campamento NanonasaNanonasa contará con varias actividades dirixidas a promover a creatividade dos cativos e cativas, que traballarán divididos en grupos segundo a súa idade. Así, o obradoiro de música centrarase fundamentalmente na construción de instrumentos musicais inventados e na elaboración de contos musicais e o de teatro traballará co corpo, o movemento, a voz, os obxectos en escena e a creación de personaxes.
10:00 - 11:00 | Parque de Bonaval
Tai Chi e Chi KungSesión de técnicas de relaxación e exercicio físico tradicionais chinesas ao ar libre. Forma parte do programa Vive o Verán.
10:00 - 11:00 | Actividades nas rúas de Compostela
Ximnasia terapéutica na AlamedaExercicio para todos os públicos dentro da programación Vive o Verán 2010. No caso de chuvia, trasládase ao Centro Sociocultural do Ensanche.
11:00 - 14:00 | Aula Sociocultural Caixa Galicia
Interiores do Vía Stellae. Fotografías de Fuco ReyesExposición do fotógrafo compostelán Fuco Reyes enmarcada na programación do Ano Xacobeo 2010.
novo 11:00 | Escola Municipal de Música
Visita guiada polo parque da AlmácigaPercorrido polo parque do Monte da Almáciga, enmarcado no programa Vive o Verán. A saída terá lugar diante da Escola Municipal de Música, na rúa Betanzos, 55.
novo 17:00 - 21:00 | Circonove
Curso intensivo de háppening na rúa Antón CoucheiroAntón Coucheiro imparte un curso de 20 horas sobre háppening, disciplina que consiste en facer espectáculos na rúa, procedente das performances e do living theatre dos anos 60.
17:00 - 20:30 | Pavillón Multiusos Fontes do Sar
BibliopiscinaLibros, bandas deseñadas, guías, álbums para os pequenos, libros de entretemento... O verán é tempo de calor, sol e piscina, e tempo tamén de gozar de refrescantes lecturas de lecer nunha actividade enmarcada no programa Vive o Verán.
novo 18:00 | Colexio de Fonseca
Melodías populares cantadas pola violaA viola, un instrumento que se desenvolveu á sombra do seu irmán o violín, goza neste concerto dun protagonismo que habitualmente non ten como instrumento solista. O dúo de violas formado por Timur Sadykov e Oxana Bakulina ofrecerá neste breve concerto express do Via Stellae, titulado "Melodías populares", un variado, entretido e popular programa con obras de Mazas, Brahms, Joplin, Bartók, Prokofiev e Tchaikovski.
novo 20:00 | Teatro Principal
Ópera con 'Orlando Furioso' Andrea MarconO Festival Via Stellae trae ao Teatro Principal a Orquestra Barroca de Venecia, que interpretará a ópera de Vivaldi Orlando Furioso. Dirixe Andrea Marcon.
novo 21:00 | Sala Santart
Wakefield Poole: visións e revisións Mauricio GonzálezConferencia-performance sobre un dos poucos bailaríns americanos que formaron parte dos Ballets Rusos de Montecarlo: Wakefield Poole. Ao finalizar a súa carreira de bailarín
novo 21:30 | Praza de Praterías
Danza urbana: Mulier, con BStudiodanzaA compañía de danza contemporánea BStudiodanza representa o seu espectáculo Mulier, dentro dos actos do programa das Festas do Apóstolo.
novo 23:00 | Bar Ultramarinos
Flamenco-jazz no UltramarinosContinúan os luns de jazz no Ultramarinos no mes de xullo. Esta semana, L.A.R. Legido tocará xunto a Olaia Turnes e Iván García, cunha sesión de flamenco-jazz.