Compostela cultura

Axudanos a completar a axenda cultural
Escolle os eventos que máis che interesan clicando nas celas temáticas:










Axenda: Martes, 20 de xullo de 2010
  • 'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal

    Zona C

    'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal

    Procedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.

  • Mostra de Carlos Pardo

    Sala Arquinatura

    Mostra de Carlos Pardo

    A mostra componse de óleos e acrílicos sobre lenzo e táboa nos que a Ciudade é protagonista. É unha escolla de obras dos últimos anos do pintor vilagarcián. Paisaxes urbanas non reais nas que se sedimentan elementos de cidades visitadas e imaxinadas, quizais soñadas pero cunha alma única feminina.

  • Biblioteca na Rúa

    Actividades nas rúas de Compostela

    Biblioteca na Rúa

    Grazas á colaboración das Concellerías de Cultura e a de Medio Ambiente do Concello de Santiago coa Biblioteca Ánxel Casal, dependente da Xunta de Galicia, a biblioteca pode difundir a súa existencia na propia rúa, máis próxima aos posíbeis usuarios. Unha persoa pertencente á Biblioteca dará información á xente que se achegue ao posto de Parques e Xardíns sobre o funcionamento da Biblioteca, faralles o carné aos interesados ou interesadas (incluso lles sacará a foto se non a teñen) e entregaralles folletos informativos. Acompañando o traballador haberá unha pequena representación do fondo que posúe a Ánxel Casal: novidades e clásicos de adultos e infantís en diferentes soportes. O persoal da biblioteca estará de 10 a 14 h., o resto do tempo que Parques e Xardíns teña aberta a caseta só se poderán coller os folletos e ver os libros.

  • Os Portais

    Hostal dos Reis Católicos

    Os Portais

    Tres nomes brasileiros, Christina Oiticica, Paulo Coelho e Romero Britto, unidos baixo un único lema. Os Portais é a exposición que reúne dous grandes artistas da arte contemporánea e un da literatura como parte da conmemoración do Ano Xacobeo.

  • Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

    Auditorio de Galicia

    Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

    A exposición 'Outumuro Looks', é unha mostra procedente do Museu Textil i d’Indumentaria - Disseny Hub de Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.

  • A vida está na auga

    Centro Comercial Area Central

    A vida está na auga

    A ONG Intervida amosa as dificultades que existen en África para acceder á auga potábel a través da exposición A vida está na auga. A mostra componse de oito paneis que conteñen información co obxectivo de sensibilizar a poboación sobre os problemas de escaseza e de calidade da auga que existen en países como Malí, onde moitas persoas consumen auga contaminada de ríos e pozos poñendo en perigo a súa saúde.

  • Campamento Nanonasa

    10:00 - 12:00 | Sala NASA

    Campamento Nanonasa

    Nanonasa contará con varias actividades dirixidas a promover a creatividade dos cativos e cativas, que traballarán divididos en grupos segundo a súa idade. Así, o obradoiro de música centrarase fundamentalmente na construción de instrumentos musicais inventados e na elaboración de contos musicais e o de teatro traballará co corpo, o movemento, a voz, os obxectos en escena e a creación de personaxes.

  • Tai Chi e Chi Kung

    10:00 - 11:00 | Parque de Bonaval

    Tai Chi e Chi Kung

    Sesión de técnicas de relaxación e exercicio físico tradicionais chinesas ao ar libre. Forma parte do programa Vive o Verán.

  • Ximnasia terapéutica na Alameda

    10:00 - 11:00 | Actividades nas rúas de Compostela

    Ximnasia terapéutica na Alameda

    Exercicio para todos os públicos dentro da programación Vive o Verán 2010. No caso de chuvia, trasládase ao Centro Sociocultural do Ensanche.

  • Coñece a biblioteca Ánxel Casal

    10:00 - 11:00 | Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

    Coñece a biblioteca Ánxel Casal

    A Biblioteca Pública Ánxel Casal organiza visitas guiadas todos os martes e xoves pola mañá para dar a coñecer a sala de lectura e os seus diferentes servizos.

  • Interiores do Vía Stellae. Fotografías de Fuco Reyes

    11:00 - 14:00 | Aula Sociocultural Caixa Galicia

    Interiores do Vía Stellae. Fotografías de Fuco Reyes

    Exposición do fotógrafo compostelán Fuco Reyes enmarcada na programación do Ano Xacobeo 2010.

  • Curso intensivo de háppening na rúa

    17:00 - 21:00 | Circonove

    Curso intensivo de háppening na rúa Antón Coucheiro

    Antón Coucheiro imparte un curso de 20 horas sobre háppening, disciplina que consiste en facer espectáculos na rúa, procedente das performances e do living theatre dos anos 60.

  • Bibliopiscina

    17:00 - 20:30 | Pavillón Multiusos Fontes do Sar

    Bibliopiscina

    Libros, bandas deseñadas, guías, álbums para os pequenos, libros de entretemento... O verán é tempo de calor, sol e piscina, e tempo tamén de gozar de refrescantes lecturas de lecer nunha actividade enmarcada no programa Vive o Verán.

  • Roteiro polo río Sar e o parque de Brandía

    novo 17:00 | Actividades nas rúas de Compostela

    Roteiro polo río Sar e o parque de Brandía

    Roteiro medioambiental enmarcado no programa Vive o Verán. O punto de partida será a carón da papeleira de Brandía, na parada da liña 8 do autobús. Serán aproximadamente oito quilómetros e unha hora e media de percorrido polo río Sar e o parque de Brandía.

  • Clarinete, trompa e piano nas Ánimas

    novo 18:00 | Igrexa das Ánimas

    Clarinete, trompa e piano nas Ánimas

    Dentro da programación do Via Stellae Express, actuación do trío de clarinete, trompa e piano formado por Jorge Rentería, Beatriz López e Javier Gutiérrez, que nos descubrirán unha obra (o Trío para clarinete, trompa e piano en sin bemol maior op 274) dun compositor alemán practicamente descoñecido nos nosos días, Carl Reinecke.

  • Mercado Entre Lusco e Fusco

    19:00 - 21:00 | Parque de Belvís

    Mercado Entre Lusco e Fusco

    Como cada martes, desenvólvese o Mercado entre lusco e fusco, de produtos ecolóxicos e de proximidade, nas terrazas do parque de Belvís. O mercado foi ideado e está coordinado por Andaime, en colaboración coa coooperativa Eirado e os colectivos de produtores/as A Hortiña e Lentura.

  • Tai Chi e Chi Kung

    20:00 - 21:00 | Actividades nas rúas de Compostela

    Tai Chi e Chi Kung

    Sesión de técnicas de relaxación e exercicio físico tradicionais chinesas ao ar libre. Forma parte do programa Vive o Verán.

  • Diálogos: cabaré á antiga no Via Stellae

    novo 20:30 | Salón Teatro

    Diálogos: cabaré á antiga no Via Stellae

    Le Musiche Nove acompaña a soprano alemá Simone Kermes, na súa segunda intervención neste Via Stellae, nun concerto espectáculo inspirado no cabaré con música de Weill, Schoenberg e Eisler, entre outros.

  • A noite folk: Fantasía irlandesa sobre Vivaldi e as músicas célticas irlandesas

    novo 23:00 | Praza dos Bombeiros

    A noite folk: Fantasía irlandesa sobre Vivaldi e as músicas célticas irlandesas

    Dentro da programación do Off Stellae, reúnense baixo o nome O'Stravaganza o grupo barroco italiano Dolce & Tempesta e un conxunto de experimentados e reputados músicos celtas. Será unha particular noite de festa irlandesa coa música de Vivaldi como inspirador convidado.

O que vai vir
  • Palmarés Curtocircuíto 2010 12/08/2010 Este xoves poderemos ver as curtas gañadoras do último festival Curtocircuito. Velaí van os títulos...
  • La Otrabanda 17/08/2010 La Otrabanda é un proxecto musical integrado por venezolanos vivindo no exterior, creado para compartir as súas cancións, inspiradas pola música popular e folclórica venezolana, que reflexan a actual idiosincrasia dese país de forma fresca e optimista.
  • Mine Kawakami 24/08/2010 A prestixiosa pianista e compositora Mine Kawakami fai a súa particular peregrinación polo Camiño de Santiago cunha serie de concertos inspirados na Ruta Xacobea.
  • Xoán Curiel Cuarteto 12/08/2010 Xoán Curiel reuniu as súas creacións en lingua galega no álbum 'Nai'. Nel Curiel canta á figura da nai e á terra.
  • In Reverse 17/08/2010 De formación recente, o cuarteto In Reverse nace coa motivación de explorar os ritmos funk e soul desde os seus inicios ata os nosos días, mesturando estes con elementos do jazz, estilo común para os catro músicos.

No cinema
Exposicións