Zona C
'Entre a razón e a pel', de Nuria RuibalProcedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.
Sala Arquinatura
Mostra de Carlos PardoA mostra componse de óleos e acrílicos sobre lenzo e táboa nos que a Ciudade é protagonista. É unha escolla de obras dos últimos anos do pintor vilagarcián. Paisaxes urbanas non reais nas que se sedimentan elementos de cidades visitadas e imaxinadas, quizais soñadas pero cunha alma única feminina.
Actividades nas rúas de Compostela
Biblioteca na RúaGrazas á colaboración das Concellerías de Cultura e a de Medio Ambiente do Concello de Santiago coa Biblioteca Ánxel Casal, dependente da Xunta de Galicia, a biblioteca pode difundir a súa existencia na propia rúa, máis próxima aos posíbeis usuarios. Unha persoa pertencente á Biblioteca dará información á xente que se achegue ao posto de Parques e Xardíns sobre o funcionamento da Biblioteca, faralles o carné aos interesados ou interesadas (incluso lles sacará a foto se non a teñen) e entregaralles folletos informativos. Acompañando o traballador haberá unha pequena representación do fondo que posúe a Ánxel Casal: novidades e clásicos de adultos e infantís en diferentes soportes. O persoal da biblioteca estará de 10 a 14 h., o resto do tempo que Parques e Xardíns teña aberta a caseta só se poderán coller os folletos e ver os libros.
Hostal dos Reis Católicos
Os PortaisTres nomes brasileiros, Christina Oiticica, Paulo Coelho e Romero Britto, unidos baixo un único lema. Os Portais é a exposición que reúne dous grandes artistas da arte contemporánea e un da literatura como parte da conmemoración do Ano Xacobeo.
Auditorio de Galicia
Outumuro Looks: 20 anos fotografando modaA exposición 'Outumuro Looks', é unha mostra procedente do Museu Textil i d’Indumentaria - Disseny Hub de Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.
Centro Comercial Area Central
A vida está na augaA ONG Intervida amosa as dificultades que existen en África para acceder á auga potábel a través da exposición A vida está na auga. A mostra componse de oito paneis que conteñen información co obxectivo de sensibilizar a poboación sobre os problemas de escaseza e de calidade da auga que existen en países como Malí, onde moitas persoas consumen auga contaminada de ríos e pozos poñendo en perigo a súa saúde.
10:00 - 12:00 | Sala NASA
Campamento NanonasaNanonasa contará con varias actividades dirixidas a promover a creatividade dos cativos e cativas, que traballarán divididos en grupos segundo a súa idade. Así, o obradoiro de música centrarase fundamentalmente na construción de instrumentos musicais inventados e na elaboración de contos musicais e o de teatro traballará co corpo, o movemento, a voz, os obxectos en escena e a creación de personaxes.
10:00 - 11:00 | Parque de Bonaval
Tai Chi e Chi KungSesión de técnicas de relaxación e exercicio físico tradicionais chinesas ao ar libre. Forma parte do programa Vive o Verán.
10:00 - 11:00 | Actividades nas rúas de Compostela
Ximnasia terapéutica na AlamedaExercicio para todos os públicos dentro da programación Vive o Verán 2010. No caso de chuvia, trasládase ao Centro Sociocultural do Ensanche.
11:00 - 14:00 | Aula Sociocultural Caixa Galicia
Interiores do Vía Stellae. Fotografías de Fuco ReyesExposición do fotógrafo compostelán Fuco Reyes enmarcada na programación do Ano Xacobeo 2010.
novo 11:00 - 13:00 | Parque de Belvís
Obradoiro medioambiental: Sementando na horta de BelvísObradoiros medioambientais incluídos na programación Vive o Verán. A rapazada de 5 a 11 anos iniciarase no cultivo nas hortas do parque de Belvís.
17:00 - 21:00 | Circonove
Curso intensivo de háppening na rúa Antón CoucheiroAntón Coucheiro imparte un curso de 20 horas sobre háppening, disciplina que consiste en facer espectáculos na rúa, procedente das performances e do living theatre dos anos 60.
17:00 - 20:30 | Pavillón Multiusos Fontes do Sar
BibliopiscinaLibros, bandas deseñadas, guías, álbums para os pequenos, libros de entretemento... O verán é tempo de calor, sol e piscina, e tempo tamén de gozar de refrescantes lecturas de lecer nunha actividade enmarcada no programa Vive o Verán.
novo 18:00 - 22:00 | Parque de Bonaval
Tardedarte: obradoiro de danzaUnha tarde para espertar o espírito creativo. Dentro do programa Vive o Verán, no marco do Parque de Bonaval (no CSC das Fontiñas no caso de que chova), desenvólvese un obradoiro de iniciación á danza. De 18 a 20 horas para nenas e nenos e a partir das 20 horas para mozas e mozos. Esta semana os obradoiros artísticos serán de danza oriental-Bollywood e estarán impartidos pola bailarina Iria Lugilde.
novo 18:00 | Colexiata do Sar
Plamen Velev interpreta a Cuarta suite para violoncello de BachO cellista Plamen Velev presentará unha das fantásticas suites para violoncello de Johann Sebastian Bach, neste caso a número 4 do total de seis que escribiu o mestre barroco alemán. Continúa así a interpretación integral desas suites que Plamen Velev vén ofrecendo dende hai tres anos nestes concertos express do Via Stellae.
novo 20:00 - 00:45 | Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)
'Good Cats' e '24 City', cinema chinés no CGAC Ying Liang e Jia ZangkeDentro do ciclo de cinema chinés contemporáneo que se está a proxectar no CGAC, este serán poderanse ver Good Cats, de Ying Liang, e 24 City, dirixido por Jia Zangke.
novo 20:00 | Teatro Principal
'Where shall I fly', arias de ópera de Haendel e VivaldiA contralto Marie-Nicole Lemieux, acompañada da Orquestra Barroca de Venecia, dirixida por Andrea Marconi, interpreta arias de ópera de Haendel e de Vivaldi, dentro da programación do Festival Via Stellae.
novo 22:30 | San Martiño Pinario
'Almorzo con diamantes' en Clásicos á rúa! Blake EdwardsProxección dentro do programa Vive o Verán. Narra as aventuras dunha rapaza de provincias, Holly Golightly, na inmensa cidade de Nova York. Proxéctase este mércores despois de que a sesión prevista para o pasado xoves se suspendese pola chuvia.
novo 23:00 | Praza da Quintana
Tradición e vangarda con Nova Galega de DanzaFusionan a tradición do baile e a música galega coa máis pura vangarda, para ofrecer espectáculos contemporáneos e con clara vocación universal. Son os integrantes de Nova Galega de Danza, unha compañía que se converteu nun grupo pioneiro en Galiza. Agora a compañía súmase ao Camiño das Artes Escénicas para amosar da man de Xacobeo 2010 o seu terceiro traballo, "Tradicción".
23:00 | Bar Ultramarinos
Noites de bossa nova con Héctor Lorenzo UltramarinosHéctor Lorenzo será o anfitrión das noites dos mércores, nas que fundamentalmente se escoitará música brasileira, aínda que tamén haberá cabida para versión, jazz e temas de autor.
novo 23:00 | Praza de Abastos
Mavra froudia: Creta e Oriente na sesión golfa do Off StellaeMúsica no mercado até a medianoite a cargo dos músicos Efrén López, Stelios Petrakis e Bijan Chemirani, que nos traerán sons do Mediterráneo oriental.