Zona C
'Entre a razón e a pel', de Nuria RuibalProcedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.
Sala Arquinatura
Mostra de Carlos PardoA mostra componse de óleos e acrílicos sobre lenzo e táboa nos que a Ciudade é protagonista. É unha escolla de obras dos últimos anos do pintor vilagarcián. Paisaxes urbanas non reais nas que se sedimentan elementos de cidades visitadas e imaxinadas, quizais soñadas pero cunha alma única feminina.
Actividades nas rúas de Compostela
Biblioteca na RúaGrazas á colaboración das Concellerías de Cultura e a de Medio Ambiente do Concello de Santiago coa Biblioteca Ánxel Casal, dependente da Xunta de Galicia, a biblioteca pode difundir a súa existencia na propia rúa, máis próxima aos posíbeis usuarios. Unha persoa pertencente á Biblioteca dará información á xente que se achegue ao posto de Parques e Xardíns sobre o funcionamento da Biblioteca, faralles o carné aos interesados ou interesadas (incluso lles sacará a foto se non a teñen) e entregaralles folletos informativos. Acompañando o traballador haberá unha pequena representación do fondo que posúe a Ánxel Casal: novidades e clásicos de adultos e infantís en diferentes soportes. O persoal da biblioteca estará de 10 a 14 h., o resto do tempo que Parques e Xardíns teña aberta a caseta só se poderán coller os folletos e ver os libros.
Hostal dos Reis Católicos
Os PortaisTres nomes brasileiros, Christina Oiticica, Paulo Coelho e Romero Britto, unidos baixo un único lema. Os Portais é a exposición que reúne dous grandes artistas da arte contemporánea e un da literatura como parte da conmemoración do Ano Xacobeo.
Auditorio de Galicia
Outumuro Looks: 20 anos fotografando modaA exposición 'Outumuro Looks', é unha mostra procedente do Museu Textil i d’Indumentaria - Disseny Hub de Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.
10:00 - 11:00 | Parque de Bonaval
Tai Chi e Chi KungSesión de técnicas de relaxación e exercicio físico tradicionais chinesas ao ar libre. Forma parte do programa Vive o Verán.
10:00 - 11:00 | Actividades nas rúas de Compostela
Ximnasia terapéutica na AlamedaExercicio para todos os públicos dentro da programación Vive o Verán 2010. No caso de chuvia, trasládase ao Centro Sociocultural do Ensanche.
11:00 - 14:00 | Aula Sociocultural Caixa Galicia
Interiores do Vía Stellae. Fotografías de Fuco ReyesExposición do fotógrafo compostelán Fuco Reyes enmarcada na programación do Ano Xacobeo 2010.
novo 11:00 | Parque de Bonaval
Visita guiada polo parque de BonavalDentro do programa Vive o Verán, un percorrido para coñecer mellor todos os recunchos do parque de Bonaval. O punto de partida será diante do Museo do Pobo Galego.
17:00 - 20:30 | Pavillón Multiusos Fontes do Sar
BibliopiscinaLibros, bandas deseñadas, guías, álbums para os pequenos, libros de entretemento... O verán é tempo de calor, sol e piscina, e tempo tamén de gozar de refrescantes lecturas de lecer nunha actividade enmarcada no programa Vive o Verán.
novo 18:00 | Colexio de Fonseca
Galicia no Atlántico: os países celtas e o BrasilDentro do ciclo de concertos Express do Festival Via Stellae, Isabel Rei ofrece un repaso pola música atlántica, celta e brasileira. O concerto alterna música de ambos lados do océano e obras tradicionais galegas e irlandesas, autores portugueses (Alfredo Viana "Pisinguinha"), ingleses (Andrew York) e brasileiros (Francisco Mignone, Egberto Gismonti e Heitor Villa-Lobos) suceden composicións dos brasileiros Egberto Gismonti e Heitor Villa-Lobos.
novo 20:30 | Facultade de Xeografía e Historia
Carta Branca a Eduardo SoutulloEnsemble s21 ofrece un concerto con pezas do ao compositor galego Eduardo Soutullo. Forma parte da programación do Via Stellae 20/21.
novo 22:00 | Praza da Quintana
Noite Gospel no Compostela FestivalO Amen Gospel Choir de Mississippi, dirixido por David Curry, ofrece un recital de música relixiosa afroamericana dentro do Compostela Festival, na programación das Festas do Apóstolo 2010.
novo 23:00 | Bar Ultramarinos
Jazz Free con L.A.R. Legido e Alejandro VargasRemata a programación jazzística do mes de xullo cunha velada de jazz free con L.A.R. Legido e Alejandro Vargas.