Compostela cultura

Axudanos a completar a axenda cultural
Escolle os eventos que máis che interesan clicando nas celas temáticas:










Axenda: Sábado, 3 de xullo de 2010
  • 'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal

    Zona C

    'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal

    Procedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.

  • 'A viaxe polar'

    novo Actividades nas rúas de Compostela

    'A viaxe polar' Carlos Caraglia

    Mostrar os efectos do quentamento global sobre os Polos, a súa inmensa beleza, a fauna que o habita e o importante papel que desempeña no equilibro do planeta. Estes son os obxectivos cos que foi concibido o proxecto A viaxe polar, cuxa exposición iniciará en Santiago de Compostela un ciclo que lle levará a diferentes cidades españolas durante o 2010 e o 2011.

  • Mostra de Carlos Pardo

    Sala Arquinatura

    Mostra de Carlos Pardo

    A mostra componse de óleos e acrílicos sobre lenzo e táboa nos que a Ciudade é protagonista. É unha escolla de obras dos últimos anos do pintor vilagarcián. Paisaxes urbanas non reais nas que se sedimentan elementos de cidades visitadas e imaxinadas, quizais soñadas pero cunha alma única feminina.

  • Biblioteca na Rúa

    Actividades nas rúas de Compostela

    Biblioteca na Rúa

    Grazas á colaboración das Concellerías de Cultura e a de Medio Ambiente do Concello de Santiago coa Biblioteca Ánxel Casal, dependente da Xunta de Galicia, a biblioteca pode difundir a súa existencia na propia rúa, máis próxima aos posíbeis usuarios. Unha persoa pertencente á Biblioteca dará información á xente que se achegue ao posto de Parques e Xardíns sobre o funcionamento da Biblioteca, faralles o carné aos interesados ou interesadas (incluso lles sacará a foto se non a teñen) e entregaralles folletos informativos. Acompañando o traballador haberá unha pequena representación do fondo que posúe a Ánxel Casal: novidades e clásicos de adultos e infantís en diferentes soportes. O persoal da biblioteca estará de 10 a 14 h., o resto do tempo que Parques e Xardíns teña aberta a caseta só se poderán coller os folletos e ver os libros.

  • Os Portais

    novo Hostal dos Reis Católicos

    Os Portais

    Tres nomes brasileiros, Christina Oiticica, Paulo Coelho e Romero Britto, unidos baixo un único lema. Os Portais é a exposición que reúne dous grandes artistas da arte contemporánea e un da literatura como parte da conmemoración do Ano Xacobeo.

  • Campamento Nanonasa

    10:00 - 14:00 | Sala NASA

    Campamento Nanonasa

    Nanonasa contará con varias actividades dirixidas a promover a creatividade dos cativos e cativas, que traballarán divididos en grupos segundo a súa idade. Así, o obradoiro de música centrarase fundamentalmente na construción de instrumentos musicais inventados e na elaboración de contos musicais e o de teatro traballará co corpo, o movemento, a voz, os obxectos en escena e a creación de personaxes.

  • Sábados no parque con Fran Insua

    novo 11:00 - 14:00 | Parque de Belvís

    Sábados no parque con Fran Insua

    Dentro do programa Vive o Verán, o contacontos Fran Insua participa na actividade "Sábados no Parque", coa narración d'O tesouro do Arco da Vella. No caso de que chovese, a actividade tería lugar no Centro Sociocultural da Trisca.

  • Bibliopiscina

    17:00 - 20:30 | Pavillón Multiusos Fontes do Sar

    Bibliopiscina

    Libros, bandas deseñadas, guías, álbums para os pequenos, libros de entretemento... O verán é tempo de calor, sol e piscina, e tempo tamén de gozar de refrescantes lecturas de lecer nunha actividade enmarcada no programa Vive o Verán.

  • Segunda Ultranoite Antolóxica

    23:00 | Sala NASA

    Segunda Ultranoite Antolóxica

    A NASA fai un repaso histórico á súa revista radical da actualidade que vai cumprir dezaoito anos sobre o escenario. Na primeira fin de semana actuarán Mofa e Befa, Quico Cadaval, Mónica García, Clara Gayo, Pepa Yáñez, Arantza Villar, Natalia Outeiro, Iria Pinheiro e Manu Lago. Na segunda fin de semana, Paula Carballeira, Duelirium Circus, Simone Negrín e Os Tristáns. Non faltarán os Chévere (Miguel de Lira, Manuel Cortés, Patricia de Lorenzo, Xron) nin a Ultrabanda, formada por músicos como Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Marcelino Galán, Manuel Cebrián ou Miguel Cabana.

O que vai vir
  • Palmarés Curtocircuíto 2010 12/08/2010 Este xoves poderemos ver as curtas gañadoras do último festival Curtocircuito. Velaí van os títulos...
  • La Otrabanda 17/08/2010 La Otrabanda é un proxecto musical integrado por venezolanos vivindo no exterior, creado para compartir as súas cancións, inspiradas pola música popular e folclórica venezolana, que reflexan a actual idiosincrasia dese país de forma fresca e optimista.
  • Mine Kawakami 24/08/2010 A prestixiosa pianista e compositora Mine Kawakami fai a súa particular peregrinación polo Camiño de Santiago cunha serie de concertos inspirados na Ruta Xacobea.
  • Xoán Curiel Cuarteto 12/08/2010 Xoán Curiel reuniu as súas creacións en lingua galega no álbum 'Nai'. Nel Curiel canta á figura da nai e á terra.
  • In Reverse 17/08/2010 De formación recente, o cuarteto In Reverse nace coa motivación de explorar os ritmos funk e soul desde os seus inicios ata os nosos días, mesturando estes con elementos do jazz, estilo común para os catro músicos.

No cinema
Exposicións