Outros espazos
Excursión en cruceiro polo AtlánticoO programa de viaxes e excursións 2010 da Rede de Centros Socioculturais organiza esta viaxe en barco entre Vigo, o Algarve, Casablanca (Marrocos) e a costa de Málaga.
Zona C
'Entre a razón e a pel', de Nuria RuibalProcedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.
Sala Arquinatura
Mostra de Carlos PardoA mostra componse de óleos e acrílicos sobre lenzo e táboa nos que a Ciudade é protagonista. É unha escolla de obras dos últimos anos do pintor vilagarcián. Paisaxes urbanas non reais nas que se sedimentan elementos de cidades visitadas e imaxinadas, quizais soñadas pero cunha alma única feminina.
Actividades nas rúas de Compostela
Biblioteca na RúaGrazas á colaboración das Concellerías de Cultura e a de Medio Ambiente do Concello de Santiago coa Biblioteca Ánxel Casal, dependente da Xunta de Galicia, a biblioteca pode difundir a súa existencia na propia rúa, máis próxima aos posíbeis usuarios. Unha persoa pertencente á Biblioteca dará información á xente que se achegue ao posto de Parques e Xardíns sobre o funcionamento da Biblioteca, faralles o carné aos interesados ou interesadas (incluso lles sacará a foto se non a teñen) e entregaralles folletos informativos. Acompañando o traballador haberá unha pequena representación do fondo que posúe a Ánxel Casal: novidades e clásicos de adultos e infantís en diferentes soportes. O persoal da biblioteca estará de 10 a 14 h., o resto do tempo que Parques e Xardíns teña aberta a caseta só se poderán coller os folletos e ver os libros.
Hostal dos Reis Católicos
Os PortaisTres nomes brasileiros, Christina Oiticica, Paulo Coelho e Romero Britto, unidos baixo un único lema. Os Portais é a exposición que reúne dous grandes artistas da arte contemporánea e un da literatura como parte da conmemoración do Ano Xacobeo.
Auditorio de Galicia
Outumuro Looks: 20 anos fotografando modaA exposición 'Outumuro Looks', é unha mostra procedente do Museu Textil i d’Indumentaria - Disseny Hub de Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.
novo 01:00 | Praza do Toural
Música e mimo con Nightlosers e FlirtDentro das Festas do Apóstolo 2010, coa colaboración do Instituto Cultural Romanés, actuación de Nightlosers e Flirt. Un espectáculo de música e mimo no Toural.
17:00 - 20:30 | Pavillón Multiusos Fontes do Sar
BibliopiscinaLibros, bandas deseñadas, guías, álbums para os pequenos, libros de entretemento... O verán é tempo de calor, sol e piscina, e tempo tamén de gozar de refrescantes lecturas de lecer nunha actividade enmarcada no programa Vive o Verán.
novo 22:00 | Praza da Quintana
Pereza en concertoA banda de rock madrileña Pereza ofrece o seu espectáculo Aviones na praza da Quintana, dentro da programación das Festas do Apóstolo 2010. Abrirán o concerto 84.