Zona C
'Entre a razón e a pel', de Nuria RuibalProcedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.
Actividades nas rúas de Compostela
'A viaxe polar' Carlos CaragliaMostrar os efectos do quentamento global sobre os Polos, a súa inmensa beleza, a fauna que o habita e o importante papel que desempeña no equilibro do planeta. Estes son os obxectivos cos que foi concibido o proxecto A viaxe polar, cuxa exposición iniciará en Santiago de Compostela un ciclo que lle levará a diferentes cidades españolas durante o 2010 e o 2011.
Sala Arquinatura
Mostra de Carlos PardoA mostra componse de óleos e acrílicos sobre lenzo e táboa nos que a Ciudade é protagonista. É unha escolla de obras dos últimos anos do pintor vilagarcián. Paisaxes urbanas non reais nas que se sedimentan elementos de cidades visitadas e imaxinadas, quizais soñadas pero cunha alma única feminina.
Actividades nas rúas de Compostela
Biblioteca na RúaGrazas á colaboración das Concellerías de Cultura e a de Medio Ambiente do Concello de Santiago coa Biblioteca Ánxel Casal, dependente da Xunta de Galicia, a biblioteca pode difundir a súa existencia na propia rúa, máis próxima aos posíbeis usuarios. Unha persoa pertencente á Biblioteca dará información á xente que se achegue ao posto de Parques e Xardíns sobre o funcionamento da Biblioteca, faralles o carné aos interesados ou interesadas (incluso lles sacará a foto se non a teñen) e entregaralles folletos informativos. Acompañando o traballador haberá unha pequena representación do fondo que posúe a Ánxel Casal: novidades e clásicos de adultos e infantís en diferentes soportes. O persoal da biblioteca estará de 10 a 14 h., o resto do tempo que Parques e Xardíns teña aberta a caseta só se poderán coller os folletos e ver os libros.
Hostal dos Reis Católicos
Os PortaisTres nomes brasileiros, Christina Oiticica, Paulo Coelho e Romero Britto, unidos baixo un único lema. Os Portais é a exposición que reúne dous grandes artistas da arte contemporánea e un da literatura como parte da conmemoración do Ano Xacobeo.
10:00 - 14:00 | Sala NASA
Campamento NanonasaNanonasa contará con varias actividades dirixidas a promover a creatividade dos cativos e cativas, que traballarán divididos en grupos segundo a súa idade. Así, o obradoiro de música centrarase fundamentalmente na construción de instrumentos musicais inventados e na elaboración de contos musicais e o de teatro traballará co corpo, o movemento, a voz, os obxectos en escena e a creación de personaxes.
10:00 - 11:00 | Parque de Bonaval
Tai Chi e Chi KungSesión de técnicas de relaxación e exercicio físico tradicionais chinesas ao ar libre. Forma parte do programa Vive o Verán.
10:00 - 11:00 | Actividades nas rúas de Compostela
Ximnasia terapéutica na AlamedaExercicio para todos os públicos dentro da programación Vive o Verán 2010. No caso de chuvia, trasládase ao Centro Sociocultural do Ensanche.
novo 10:00 - 11:00 | Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Coñece a biblioteca Ánxel CasalA Biblioteca Pública Ánxel Casal organiza visitas guiadas todos os martes e xoves pola mañá para dar a coñecer a sala de lectura e os seus diferentes servizos.
11:00 - 14:00 | Aula Sociocultural Caixa Galicia
Interiores do Vía Stellae. Fotografías de Fuco ReyesExposición do fotógrafo compostelán Fuco Reyes enmarcada na programación do Ano Xacobeo 2010.
novo 11:30 - 13:30 | Arteria Noroeste
Obradoiro de consumo responsábelArteria Noroeste, en colaboración con Greenpeace Pontevedra, organiza dúas xornadas destinadas a concienciar os máis pequenos da importancia do consumo responsábel. Os participantes organizaranse en dous grupos en función da súa idade. Ofrecen xogos e divertidas dinámicas para que nenos e nenas comprendan a importancia de consumir menos para vivir mellor. Aprenderán de onde vén a enerxía que consumimos, como se pode aforrar utilizando ben os electrodomésticos e iluminación das nosas casas e, tamén, o fundamento da reciclaxe.
novo 12:00 | Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento
Presentación de 'Vida e tempo de Sofía Casanova'O CSIC presenta o libro Vida e tempo de Sofía Casanova (A Coruña, 1861-Polonia, 1958), publicación que percorre o seu labor como escritora e correspondente de guerra e na que se inclúen curiosidades sobre a súa vida e a súa obra. No acto participarán a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Marta González; o director do IEGPS, Eduardo Pardo e o coordinador do libro, Antón Pazos.
17:00 - 20:30 | Pavillón Multiusos Fontes do Sar
BibliopiscinaLibros, bandas deseñadas, guías, álbums para os pequenos, libros de entretemento... O verán é tempo de calor, sol e piscina, e tempo tamén de gozar de refrescantes lecturas de lecer nunha actividade enmarcada no programa Vive o Verán.
novo 18:00 - 18:30 | Hostal dos Reis Católicos
Primeiro concerto express do Festival Via StellaeO dúo de violíns formado por Anna Alexandrova e Michal Ryczel interpretará obras do compositor barroco alemán Telemann, do pai do clasicismo Joseph Haydn e do húngaro Béla Bartók.
19:00 - 21:00 | Parque de Belvís
Mercado Entre Lusco e FuscoComo cada martes, desenvólvese o Mercado entre lusco e fusco, de produtos ecolóxicos e de proximidade, nas terrazas do parque de Belvís. O mercado foi ideado e está coordinado por Andaime, en colaboración coa coooperativa Eirado e os colectivos de produtores/as A Hortiña e Lentura.
20:00 - 21:00 | Actividades nas rúas de Compostela
Tai Chi e Chi KungSesión de técnicas de relaxación e exercicio físico tradicionais chinesas ao ar libre. Forma parte do programa Vive o Verán.
novo 20:00 - 21:30 | Libraría Couceiro
Presentación d'O home que era Xoves'2.0 Editora presenta a primeira obra traducida ao galego de G.K. Chesterton, un dos grandes autores da literatura universal cuxa capacidade para axitar as conciencias a través dunha mirada retranqueira, afiada e irónica, continúa plenamente vixente e a bo seguro que non pasará desapercibida para o lector galego actual. Intervirán no acto: Xabier Cid, experto na obra literaria de G. K. Chesterton, e Antón Lado, director editorial de 2.0 EDITORA.
novo 20:30 | Teatro Principal
'A bela e a besta', no Via Stellae Cécile Roussat, Julien LubekLe Schemil Théâtre representa A bela e a besta, un espectáculo de pantomima baseado nas óperas de Grétry. A obra combina mimo, danza, acrobacia, maxia, teatro de marionetas e música. As óperas do compositor francés Modeste Grêtry e a música de dous grandes mestres como Haydn e Mozart constitúen o substrato musical dunha viaxe teatral fantástica, poética e humorística creada polos responsables artísticos da compañía francesa Shlemil Théâtre.