Compostela cultura

Axudanos a completar a axenda cultural
Escolle os eventos que máis che interesan clicando nas celas temáticas:










Axenda: Mércores, 7 de xullo de 2010
  • 'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal

    Zona C

    'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal

    Procedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.

  • 'A viaxe polar'

    Actividades nas rúas de Compostela

    'A viaxe polar' Carlos Caraglia

    Mostrar os efectos do quentamento global sobre os Polos, a súa inmensa beleza, a fauna que o habita e o importante papel que desempeña no equilibro do planeta. Estes son os obxectivos cos que foi concibido o proxecto A viaxe polar, cuxa exposición iniciará en Santiago de Compostela un ciclo que lle levará a diferentes cidades españolas durante o 2010 e o 2011.

  • Mostra de Carlos Pardo

    Sala Arquinatura

    Mostra de Carlos Pardo

    A mostra componse de óleos e acrílicos sobre lenzo e táboa nos que a Ciudade é protagonista. É unha escolla de obras dos últimos anos do pintor vilagarcián. Paisaxes urbanas non reais nas que se sedimentan elementos de cidades visitadas e imaxinadas, quizais soñadas pero cunha alma única feminina.

  • Biblioteca na Rúa

    Actividades nas rúas de Compostela

    Biblioteca na Rúa

    Grazas á colaboración das Concellerías de Cultura e a de Medio Ambiente do Concello de Santiago coa Biblioteca Ánxel Casal, dependente da Xunta de Galicia, a biblioteca pode difundir a súa existencia na propia rúa, máis próxima aos posíbeis usuarios. Unha persoa pertencente á Biblioteca dará información á xente que se achegue ao posto de Parques e Xardíns sobre o funcionamento da Biblioteca, faralles o carné aos interesados ou interesadas (incluso lles sacará a foto se non a teñen) e entregaralles folletos informativos. Acompañando o traballador haberá unha pequena representación do fondo que posúe a Ánxel Casal: novidades e clásicos de adultos e infantís en diferentes soportes. O persoal da biblioteca estará de 10 a 14 h., o resto do tempo que Parques e Xardíns teña aberta a caseta só se poderán coller os folletos e ver os libros.

  • Os Portais

    Hostal dos Reis Católicos

    Os Portais

    Tres nomes brasileiros, Christina Oiticica, Paulo Coelho e Romero Britto, unidos baixo un único lema. Os Portais é a exposición que reúne dous grandes artistas da arte contemporánea e un da literatura como parte da conmemoración do Ano Xacobeo.

  • Campamento Nanonasa

    10:00 - 14:00 | Sala NASA

    Campamento Nanonasa

    Nanonasa contará con varias actividades dirixidas a promover a creatividade dos cativos e cativas, que traballarán divididos en grupos segundo a súa idade. Así, o obradoiro de música centrarase fundamentalmente na construción de instrumentos musicais inventados e na elaboración de contos musicais e o de teatro traballará co corpo, o movemento, a voz, os obxectos en escena e a creación de personaxes.

  • Tai Chi e Chi Kung

    10:00 - 11:00 | Parque de Bonaval

    Tai Chi e Chi Kung

    Sesión de técnicas de relaxación e exercicio físico tradicionais chinesas ao ar libre. Forma parte do programa Vive o Verán.

  • Ximnasia terapéutica na Alameda

    10:00 - 11:00 | Actividades nas rúas de Compostela

    Ximnasia terapéutica na Alameda

    Exercicio para todos os públicos dentro da programación Vive o Verán 2010. No caso de chuvia, trasládase ao Centro Sociocultural do Ensanche.

  • Descubrindo as hortas e o parque de Belvís

    novo 11:00 - 13:00 | Parque de Belvís

    Descubrindo as hortas e o parque de Belvís

    Obradoiros medioambientais incluídos no programa Vive o Verán. Para nenas e nenos de 5 a 11 anos.

  • Interiores do Vía Stellae. Fotografías de Fuco Reyes

    11:00 - 14:00 | Aula Sociocultural Caixa Galicia

    Interiores do Vía Stellae. Fotografías de Fuco Reyes

    Exposición do fotógrafo compostelán Fuco Reyes enmarcada na programación do Ano Xacobeo 2010.

  • Obradoiros de pasarrúas: Os xigantes

    novo 11:30 - 13:30 | Arteria Noroeste

    Obradoiros de pasarrúas: Os xigantes

    Para nenas e nenos de 5 a 15 anos. Ao longo de diversas xornadas, Arteria Noroeste ofrece unha serie de obradoiros enmarcados no programa Vive o Verán. As inscricións débense facer no Centro Sociocultural O Ensanche

  • Bibliopiscina

    17:00 - 20:30 | Pavillón Multiusos Fontes do Sar

    Bibliopiscina

    Libros, bandas deseñadas, guías, álbums para os pequenos, libros de entretemento... O verán é tempo de calor, sol e piscina, e tempo tamén de gozar de refrescantes lecturas de lecer nunha actividade enmarcada no programa Vive o Verán.

  • Tardedarte: obradoiro de percusión

    novo 18:00 - 22:00 | Parque de Bonaval

    Tardedarte: obradoiro de percusión

    O programa Vive o Verán estrea este ano unha serie de actividades para espertar e estimular a creatividade e o espírito artístico, no marco incomparábel do parque de Bonaval. Haberá dúas sesións dedicadas, nesta xornada, á percusión, a cargo dun dos compoñentes do grupo de percusión "Odaiko". Ás 18 horas para nenos e nenas, e ás 20 horas para mozos e mozas. En caso de chuvia, a actividade trasládase ao CSC das Fontiñas.

  • Concerto express con marimba e violín

    novo 18:00 | San Martiño Pinario

    Concerto express con marimba e violín Alejandro Sanz e Jorge Montes

    O dúo de violín e percusión formado por Jorge Montes e Alejandro Sanz ofrece "Na procura dunha nova tímbrica", un programa no que se inclúen obras escritas para esta atípica formación instrumental de cámara polo compositor chinés Thomas Oboe Lee e o estadounidense David P. Jones. Forman o dúo Alejandro Sanz (percusionista da coruñesa Orquestra Sinfónica de Galicia e director artístico da Academia Contemporánea Via Stellae 2010) e Jorge Montes (profesor do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol).

  • Cine chinés con 'O orfo de Anyang' e 'The Road'

    novo 20:00 | Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)

    Cine chinés con 'O orfo de Anyang' e 'The Road' Wang Chao e Zhang Jiaru

    Mostra do novo cine chinés que forma parte do proxecto cultural Beijing Time. A hora de China. Este mércores preséntanse dous galardoados filmes: O orfo de Anyang, de Wang Chao, e The road, de Zhang Jiaru.

  • 'Lamentos e folías célticas', no Off Stellae

    novo 22:30 | San Domingos de Bonaval

    'Lamentos e folías célticas', no Off Stellae Jordi Savall, Carlos Núñez, Andrew Lawrence-King, Pedro Estevan

    A programación alternativa do festival Via Stellae, Off Stellae, inaugúraa Lamentos e folías célticas, das fisterras atlánticas ao novo mundo, concerto interpretado por Jordi Savall, Carlos Núñez, Andrew Lawrence-King e Pedro Estevan.

  • Música de cine coa Banda Municipal de Rianxo

    novo 22:30 | San Martiño Pinario

    Música de cine coa Banda Municipal de Rianxo

    A banda municipal de Rianxo ofrece un concerto con música de cinema como preludio ao programa Os clásicos á rúa, que proxectará filmes clásicos ao aire libre, na praza de San Martiño Pinario. As sesións terán lugar cada xoves, a partir do día 8.

  • Noites de bossa nova con Héctor Lorenzo

    novo 23:00 | Bar Ultramarinos

    Noites de bossa nova con Héctor Lorenzo Ultramarinos

    Héctor Lorenzo será o anfitrión das noites dos mércores, nas que fundamentalmente se escoitará música brasileira, aínda que tamén haberá cabida para versión, jazz e temas de autor.

O que vai vir
  • Palmarés Curtocircuíto 2010 12/08/2010 Este xoves poderemos ver as curtas gañadoras do último festival Curtocircuito. Velaí van os títulos...
  • La Otrabanda 17/08/2010 La Otrabanda é un proxecto musical integrado por venezolanos vivindo no exterior, creado para compartir as súas cancións, inspiradas pola música popular e folclórica venezolana, que reflexan a actual idiosincrasia dese país de forma fresca e optimista.
  • Mine Kawakami 24/08/2010 A prestixiosa pianista e compositora Mine Kawakami fai a súa particular peregrinación polo Camiño de Santiago cunha serie de concertos inspirados na Ruta Xacobea.
  • Xoán Curiel Cuarteto 12/08/2010 Xoán Curiel reuniu as súas creacións en lingua galega no álbum 'Nai'. Nel Curiel canta á figura da nai e á terra.
  • In Reverse 17/08/2010 De formación recente, o cuarteto In Reverse nace coa motivación de explorar os ritmos funk e soul desde os seus inicios ata os nosos días, mesturando estes con elementos do jazz, estilo común para os catro músicos.

No cinema
Exposicións