Compostela cultura

Axudanos a completar a axenda cultural
Escolle os eventos que máis che interesan clicando nas celas temáticas:










Axenda: Xoves, 8 de xullo de 2010
  • 'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal

    Zona C

    'Entre a razón e a pel', de Nuria Ruibal

    Procedente da selección de proxectos froito do convenio de colaboración co Máster de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC, "Entre a razón e a pel" é unha instalación da artista Nuria Ruibal comisariada por Ana Amado. Un percorrido que fala da vulnerabilidade do ser humano e o seu eu máis íntimo e das barreiras das que dispón para defenderse e relacionarse co mundo exterior; a temida é a vez desexada mirada do outro.

  • 'A viaxe polar'

    Actividades nas rúas de Compostela

    'A viaxe polar' Carlos Caraglia

    Mostrar os efectos do quentamento global sobre os Polos, a súa inmensa beleza, a fauna que o habita e o importante papel que desempeña no equilibro do planeta. Estes son os obxectivos cos que foi concibido o proxecto A viaxe polar, cuxa exposición iniciará en Santiago de Compostela un ciclo que lle levará a diferentes cidades españolas durante o 2010 e o 2011.

  • Mostra de Carlos Pardo

    Sala Arquinatura

    Mostra de Carlos Pardo

    A mostra componse de óleos e acrílicos sobre lenzo e táboa nos que a Ciudade é protagonista. É unha escolla de obras dos últimos anos do pintor vilagarcián. Paisaxes urbanas non reais nas que se sedimentan elementos de cidades visitadas e imaxinadas, quizais soñadas pero cunha alma única feminina.

  • Biblioteca na Rúa

    Actividades nas rúas de Compostela

    Biblioteca na Rúa

    Grazas á colaboración das Concellerías de Cultura e a de Medio Ambiente do Concello de Santiago coa Biblioteca Ánxel Casal, dependente da Xunta de Galicia, a biblioteca pode difundir a súa existencia na propia rúa, máis próxima aos posíbeis usuarios. Unha persoa pertencente á Biblioteca dará información á xente que se achegue ao posto de Parques e Xardíns sobre o funcionamento da Biblioteca, faralles o carné aos interesados ou interesadas (incluso lles sacará a foto se non a teñen) e entregaralles folletos informativos. Acompañando o traballador haberá unha pequena representación do fondo que posúe a Ánxel Casal: novidades e clásicos de adultos e infantís en diferentes soportes. O persoal da biblioteca estará de 10 a 14 h., o resto do tempo que Parques e Xardíns teña aberta a caseta só se poderán coller os folletos e ver os libros.

  • Os Portais

    Hostal dos Reis Católicos

    Os Portais

    Tres nomes brasileiros, Christina Oiticica, Paulo Coelho e Romero Britto, unidos baixo un único lema. Os Portais é a exposición que reúne dous grandes artistas da arte contemporánea e un da literatura como parte da conmemoración do Ano Xacobeo.

  • Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

    novo Auditorio de Galicia

    Outumuro Looks: 20 anos fotografando moda

    A exposición 'Outumuro Looks', é unha mostra procedente do Museu Textil i d’Indumentaria - Disseny Hub de Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.

  • Cuarto foro do ciclo "Reflexión estratéxica sobre a cultura galega"

    novo 09:30 | Consello da Cultura Galega

    Cuarto foro do ciclo "Reflexión estratéxica sobre a cultura galega"

    Dedicado aos "Contidos da cultura", o cuarto foro do ciclo desenvólvese cun relatorio marco de Xavier Rubert de Ventós, filósofo, ensaísta e catedrático de Estética e Composición da Universidade Politécnica de Barcelona. Coordinarán os debates, en sesións de mañá e tarde, Victor Freixanes e Henrique Monteagudo.

  • Campamento Nanonasa

    10:00 - 14:00 | Sala NASA

    Campamento Nanonasa

    Nanonasa contará con varias actividades dirixidas a promover a creatividade dos cativos e cativas, que traballarán divididos en grupos segundo a súa idade. Así, o obradoiro de música centrarase fundamentalmente na construción de instrumentos musicais inventados e na elaboración de contos musicais e o de teatro traballará co corpo, o movemento, a voz, os obxectos en escena e a creación de personaxes.

  • Tai Chi e Chi Kung

    10:00 - 11:00 | Parque de Bonaval

    Tai Chi e Chi Kung

    Sesión de técnicas de relaxación e exercicio físico tradicionais chinesas ao ar libre. Forma parte do programa Vive o Verán.

  • Ximnasia terapéutica na Alameda

    10:00 - 11:00 | Actividades nas rúas de Compostela

    Ximnasia terapéutica na Alameda

    Exercicio para todos os públicos dentro da programación Vive o Verán 2010. No caso de chuvia, trasládase ao Centro Sociocultural do Ensanche.

  • Saída ao parque acuático de Cerceda

    novo 10:00 - 20:30 | Actividades nas rúas de Compostela

    Saída ao parque acuático de Cerceda

    Unha xornada de ocio e diversión no parque acuático de Cerceda, monitorizado e animado con persoal especializado, que fará pasar aos cativos un inesquecíbel día de verán. Pago da entrada no parque por conta dos participantes, que deberán levar a comida e a merenda.

  • Coñece a biblioteca Ánxel Casal

    10:00 - 11:00 | Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

    Coñece a biblioteca Ánxel Casal

    A Biblioteca Pública Ánxel Casal organiza visitas guiadas todos os martes e xoves pola mañá para dar a coñecer a sala de lectura e os seus diferentes servizos.

  • Interiores do Vía Stellae. Fotografías de Fuco Reyes

    11:00 - 14:00 | Aula Sociocultural Caixa Galicia

    Interiores do Vía Stellae. Fotografías de Fuco Reyes

    Exposición do fotógrafo compostelán Fuco Reyes enmarcada na programación do Ano Xacobeo 2010.

  • Roteiro pola vía verde de Verdía

    novo 11:00 | Actividades nas rúas de Compostela

    Roteiro pola vía verde de Verdía

    Percorrido polo río Tambre e Sionlla. Partirase da antiga estación do tren de Verdía para percorrer unha parte do antigo trazado da vía férrea. Serán aproximadamente 5 quilómetros e dúas horas de camiño. Recoméndase levar calzado axeitado, pola dureza do traxecto.

  • Bibliopiscina

    17:00 - 20:30 | Pavillón Multiusos Fontes do Sar

    Bibliopiscina

    Libros, bandas deseñadas, guías, álbums para os pequenos, libros de entretemento... O verán é tempo de calor, sol e piscina, e tempo tamén de gozar de refrescantes lecturas de lecer nunha actividade enmarcada no programa Vive o Verán.

  • Geocaching: busca do tesouro no parque Carlomagno

    novo 18:00 | Actividades nas rúas de Compostela

    Geocaching: busca do tesouro no parque Carlomagno

    Pensaches algunha vez como se sentirá un explorador no momento de facer un importante descubrimento? É o momento de experimentalo. Actividade enmarcada no programa Vive o Verán.

  • Schostakovich a cargo do Cuarteto Contratempus

    novo 18:00 - 18:30 | Hostal dos Reis Católicos

    Schostakovich a cargo do Cuarteto Contratempus Quarteto Contratempus

    A terceira sesión dos Concertos Express do Via Stellae está dedicado ao compositor ruso Dmitri Shostakovich, do que se interpretarán as Sete romanzas sobre versos de Alexander Blok, escritas en 1967 no período de convalecencia dun infarto cardíaco sufrido polo compositor.

  • Concerto da Banda Municipal de Música

    novo 19:30 | Rúa do Vilar

    Concerto da Banda Municipal de Música

    A Banda de Música Municipal, dirixida por Xosé Carlos Seráns, ofrece un dos seus tradicionais concertos na rúa do Vilar, como cada xoves e domingo do verán.

  • Tai Chi e Chi Kung

    20:00 - 21:00 | Actividades nas rúas de Compostela

    Tai Chi e Chi Kung

    Sesión de técnicas de relaxación e exercicio físico tradicionais chinesas ao ar libre. Forma parte do programa Vive o Verán.

  • Unha noite coa canción inglesa: de Dowland a Dankworth

    novo 20:00 | Facultade de Xeografía e Historia

    Unha noite coa canción inglesa: de Dowland a Dankworth

    Primeira das sesións dedicadas á canción inglesa dentro do programa do Via Stellae 2010.

  • 'Rock in Micro'

    novo 20:00 | Sala NASA

    'Rock in Micro' Icu Producións

    Rock in Micro é un espectáculo para todos os públicos que trata de achegar a historia do Rock ás xeracións máis novas. Desde os tempos iniciais de Bill Halley e o "Rock around the clock", pasando por Elvis Presley, o pop inglés e os Beatles, o rock psicodélico de Doors ou Jimmy Hendrix, ata o heavy metal de AC/DC. A obra integra música ao vivo (A Banda de Nash), animacións en vídeo e coreografías acrobáticas (Duelirium Circus), e forma parte das actividades incluídas dentro de Nanonasa.

  • Unha noite coa canción inglesa: un bailarín ante Deus: os Canticles de Britten

    novo 21:30 | Salón Teatro

    Unha noite coa canción inglesa: un bailarín ante Deus: os Canticles de Britten

    O programa Via Stellae ofrece a segunda parte da xornada dedicada á canción inglesa, neste caso no Salón Teatro. Inclúese na programación Via Stellae 20/21.

  • 'O maquinista da Xeral' en Clásicos á rúa!

    novo 22:30 | San Martiño Pinario

    'O maquinista da Xeral' en Clásicos á rúa! Clyde Bruckman e Buster Keaton

    Proxección dentro do programa Vive o Verán. Un maquinista de trens tenta recuperar a súa moza, secuestrada por un grupo de soldados na guerra civil estadounidense.

O que vai vir
  • Palmarés Curtocircuíto 2010 12/08/2010 Este xoves poderemos ver as curtas gañadoras do último festival Curtocircuito. Velaí van os títulos...
  • La Otrabanda 17/08/2010 La Otrabanda é un proxecto musical integrado por venezolanos vivindo no exterior, creado para compartir as súas cancións, inspiradas pola música popular e folclórica venezolana, que reflexan a actual idiosincrasia dese país de forma fresca e optimista.
  • Mine Kawakami 24/08/2010 A prestixiosa pianista e compositora Mine Kawakami fai a súa particular peregrinación polo Camiño de Santiago cunha serie de concertos inspirados na Ruta Xacobea.
  • Xoán Curiel Cuarteto 12/08/2010 Xoán Curiel reuniu as súas creacións en lingua galega no álbum 'Nai'. Nel Curiel canta á figura da nai e á terra.
  • In Reverse 17/08/2010 De formación recente, o cuarteto In Reverse nace coa motivación de explorar os ritmos funk e soul desde os seus inicios ata os nosos días, mesturando estes con elementos do jazz, estilo común para os catro músicos.

No cinema
Exposicións