Compostela cultura

Estás en: Axenda > Cinema > The Cove
cove
Horario:

23 de xullo de 2010 - 19 de agosto de 2010

Lugar:

Multicines Compostela
(Sala 6. Ás 22.30 h.)
Rúa Ramón Piñeiro, nº 3-5, 15702.
Teléfono: 981 560 342

Prezo:

Laborábeis: 6€. Sábados, domingos e festivos: 6,50€. Día do espectador (mércores), carné xove, estudantes e xubilados: 5€

The Cove

Louie Psihoyos

Documental gañador do Oscar 2010 e premio do público en 8 festivais de cine. Será a única fita que se estreará nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense. O golfiño é un dos animais máis intelixentes e unha das especies máis admiradas en todo o mundo. Porén, nunha pequena aldea da costa de Xapón que aparentemente se caracteriza pola súa devoción a estes animais, agocha un gran secreto. Un grupo de activistas liderado polo coñecido adestrador de golfiños Richard O'Barry, embárcase nunha perigosa misión encuberta para revelar o que acontece nese lugar.

The Cove, EUA, 2009
Xénero e duración: Documental, 92', Versión Orixinal Subtitulada
Dirección: Louie Psihoyos
Intérpretes: Richard O'Barry, Louie Psihoyos

Para todos os públicos

No cinema
O que vai vir
  • Saturno contro (Non chega unha vida) 21/09/2010
    Ferzan Ozpetek
    O ciclo de cinema italiano da Fundación Caixa Galicia ofrece a posibilidade de achegarse á cinematografía máis actual do país alpino. Desta volta programa Saturno contro, un filme coral e de vidas cruzadas inmersas nun destino azaroso.