Ken Loach
Eric Bishop, carteiro de Manchester, atravesa unha mala época. A súa muller deixouno, os seus dous fillastros están descontrolados e a casa era caótica aínda antes de que unha formigoneira aparecese no xardín dianteiro. Unha noite, Eric diríxese ao seu ídolo, que aparece observándoo con mirada maliciosa dende o póster da parede do seu cuarto e pregúntase que faría no seu lugar o mellor xogador do Manchester United.
Looking for Eric, Francia, Gran Bretaña, Bélxica, Italia, 2009
Xénero e duración: Comedia, 119'
Dirección: Ken Loach
Intérpretes: Eric Cantona, Steve Evets, Stephanie Bishop