Cartel de Vive o Verán
(14/07/2010) O 15 de xuño ábrese o prazo de solicitude de inscrición no Campamento Xuvenil de Vive o Verán. Así, todos aqueles interesados terán desde mañá e ata o vindeiro 28 de xullo para inscribirse nesta actividade.
A inscrición terá que facerse en horario de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 21.00h en calquera dos Centros Socioculturais da Rede de Centros do Concello e o custe da actividade é de 30€. O campamento está destinado a mozos e mozas de 12 a 15 anos e celebrarase do venres 3 ao domingo 5 de setembro no Local Sociocultural de Grixoa.
No Campamento, os rapaces e rapazas experimentarán a aventura de vivir por uns días en contacto coa natureza nunha paisaxe privilexiada do rural de Compostela. Aprenderán a convivir co medio ambiente aproveitando todo o que a contorna lles pode ofrecer. Así, gozarán de actividades ao aire libre con diversas saídas á praia de Chaián, obradoiros e veladas de medo. Todas as actividades estarán coordinadas por persoal cualificado.
Esta é unha das moitas actividades que ofrece o programa de actividades ao aire libre Vive o Verán que está organizado polas concellarías de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, que dirixe a nacionalista Elvira Cienfuegos, e a de Cultura e Centros Socioculturais, dirixida pola tamén nacionalista Socorro García Conde.