Consello de compostela cultura
Consello de Compostela Cultura
O Consello de Compostela Cultura é un órgano colexiado de participación comunitaria para a consulta e seguimento da política cultural desenvolvida no ámbito municipal.
As funcións do Consello serán:
- Propoñer os ámbitos, seccións, franxas de idade e territorios nos que se considera prioritaria a intervención municipal en materia cultural.
- Formular propostas e planos de actuación municipal dirixidos á promoción da cultura.
- Propoñer mecanismos de coordinación entre todos os axentes que conflúen na vida cultural co sector educativo da cidade.
- Facer propostas que melloren os servizos culturais municipais.
- Estudar e valorar os informes e propostas que formulen as persoas físicas ou xurídicas sobre a actuación en materia cultural.
- Emitir informes a iniciativa propia ou do Concello en relación coa política cultural municipal; e participar na avaliación daqueles programas e planos de actuación.
Documentación