Compostela cultura

Estás en: Destaques
Estrea mundial do filme islandés 'O soño do Camiño'

Estrea mundial do filme islandés 'O soño do Camiño'

(09/07/2010) O 29 de xullo, o Teatro Principal será o escenario da estrea mundial de O soño do Camiño, primeiro dos cinco filmes rodados no Camiño polo director islandés Erlendur Sveinsson seguindo os pasos do famoso escritor islandés Thor Vilhjálmsson.

Ver só destaques de cinema | Seguir lendo

Imaxes polares na Alameda

Imaxes polares na Alameda

(05/07/2010) Mostrar os efectos do quecemento global sobre os Polos, a súa inmensa beleza, a fauna que o habita e o importante papel que desempeña no equilibro do planeta son os obxectivos cos que foi concibido o proxecto A viaxe polar, que inicia en Compostela un percorrido por diferentes cidades.

Ver só destaques de plástica | Seguir lendo

Retrospectiva de Manuel Outumuro no Auditorio de Galicia

Retrospectiva de Manuel Outumuro no Auditorio de Galicia

(25/06/2010) O 8 de xullo estréase na sala de exposicións Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia Outumuro LOOKS, 20 anos fotografando moda, unha mostra comisariada por Ramón Prat e Silvia Ventosa e producida por Disseny Hub Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.

Ver só destaques de plástica | Seguir lendo

Francia é o país convidado no Entredanzas 2010

Francia é o país convidado no Entredanzas 2010

(24/06/2010) Esta fin de semana, do 25 ao 27 de xuño, desenvólvese a segunda edición de Entredanzas, un evento que achega a danza contemporánea directamente ao público, con actuacións en espazos de convivencia da cidade. Nesta ocasión, Francia é o país convidado.

Ver só destaques de teatro e danza | Seguir lendo

"Entre a razón e a pel", de Nuria Ruibal, na Zona "C"

"Entre a razón e a pel", de Nuria Ruibal, na Zona "C"

(16/06/2010) O xoves 17 de xuño, ás 20.00 h, inaugurouse na Zona "C" a exposición "Entre a razón e a pel", de Nuria Ruibal. A mostra é froito do Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela para o fomento de intervención de creadores na zona "C" en colaboración co curso de posgrao Master en Arte Museoloxía e crítica contemporáneas.

Ver só destaques de plástica | Seguir lendo

Vive o verán ao aire libre

Vive o verán ao aire libre

(14/06/2010) Durante os meses de verán, coa chegada do bo tempo e do período vacacional, os hábitos de uso dos centros socioculturais varían. É o momento de saír á rúa e facer as actividades nos parques e nas prazas da cidade. Por outra banda, as actividades de grupo son o escenario axeitado para relacionarse e facer amigos, ao tempo que practicamos deporte, participamos nun roteiro, miramos as estrelas, gozamos do cinema ao aire libre, dos xogos populares ou buscamos un tesouro agochado nun parque.

Ver só destaques de varios | Seguir lendo

Meredith Monk: paisaxes sonoras que descobren sentimentos

Meredith Monk: paisaxes sonoras que descobren sentimentos

(03/06/2010) O 19 de xuño remata esta temporada do programa Sons da Diversidade co concerto de Meredith Monk, unha artista cun estilo moi persoal. Nada en Nova York, leva traballado dende a década de 1960 en obras multidisciplinares, que mesturan a música, o teatro e a danza.

Ver só destaques de música | Seguir lendo

Comeza a XIX Feira do Libro Antigo e de Ocasión

Comeza a XIX Feira do Libro Antigo e de Ocasión

(02/06/2010) Un ano máis, e xa van 19, o Paseo dos Leóns da Alameda convértese no punto de encontro co libro antigo e de ocasión. A feira conta, desta volta, coa participación de librarías de toda España, con máis de 100 mil exemplares que se poñerán á venda nos 15 días que estarán instalados os postos.

Ver só destaques de letras | Seguir lendo

Seis documentais cataláns dentro dun ciclo da USC

Seis documentais cataláns dentro dun ciclo da USC

(31/05/2010) Aproveitando a eclosión do xénero documental en Cataluña, e co ánimo de levar a lingua e cultura catalás alén das aulas, a Área de Filoloxía Catalá da Universidade de Santiago de Compostela organiza o Ciclo de Documentais Cataláns que terá lugar do 1 ao 6 de xuño na sede da Fundación Caixa Galicia da cidade.

Ver só destaques de cinema | Seguir lendo

Curtocircuíto 2010 múdase á primavera

Curtocircuíto 2010 múdase á primavera

(24/05/2010) A sétima edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Compostela, Curtocircuíto, chega con importantes novidades. A principal, que pasa a desenvolverse na primavera, despois dunha longa experiencia no outono. Do 23 ao 30 de maio, a semana oficial de Curtocircuíto amosará 123 curtas na Sección Oficial e outro cento na Sección Paralela.

Ver só destaques de cinema | Seguir lendo

Seguintes

Enquisa

Cal das propostas do ciclo Teatro e Danza en Xira 2010 che parece máis interesante?