Compostela cultura

Estás en: Axenda > Plástica > 'Terre de personne', de...
pierre
Horario:

16 de xuño de 2010 - 1 de agosto de 2010

Lugar:

San Martiño Pinario
Praza da Inmaculada s/n 15705

'Terre de personne', de Pierre Gonnord

O prestixioso fotógrafo francés presenta o seu último traballo: unha investigación da alma humana a través de fotografías que combinan unha complexa elaboración coa aproximación psicolóxica de cada un dos persoaxes.

Dende finais dos anos 90, este artista empezou a configurar a súa particular exploración exclusivamente no xénero do retrato e para isto partiu das coordenadas básicas impostas por autores como Avedon e sempre mantendo as referencias pictóricas da historia universal.

Como importante novidade na obra de Pierre Gonnord, a exposición contará por primeira vez coa incorporación de sete grandes paisaxes que dialogarán no espazo coas persoas retratadas. Trátase de imaxes realizadas dende a mesma calma que preside cada un dos seus retratos. Nelas vemos dende a infinita forza do mar rompente en Fisterra, ata a calma dunhas grandes raíces, a violencia dun incendio, ou a estraña orde dun bosque de eucaliptos.

Ligazóns relacionadas:
Exposicións