Pamen Pereira
Pamen Pereira emprega materiais que forman parte da súa vida para representar fondos dourados e montañas debuxadas con veas vermellas, estabelecendo unha relación absolutamente dependente do todo coas partes e das partes co todo. Un xeito de amosar a interrelación da humanidade e do individuo coa súa existencia na Natureza.