A mostra componse de óleos e acrílicos sobre lenzo e táboa nos que a Ciudade é protagonista. É unha escolla de obras dos últimos anos do pintor vilagarcián. Paisaxes urbanas non reais nas que se sedimentan elementos de cidades visitadas e imaxinadas, quizais soñadas pero cunha alma única feminina.
Na obra de Carlos Pardo, a Cidade é nai, amante ou filla das obras, soños e paixóns dos que a habitan ou a lembran na distancia. É así unha Idea na que vagan os que quedaron atrapados no seu labirinto infinito.
Nesta exposición tócanse tanxencialmente temas coma o destino dispar e ignorado tras a fin dos estudos, o futurismo, a saudade, a visión particular dos debuxantes ou a confusión da evocación e as esperanzas de quen emigra e chega a unha nova terra.